Convócase a selección de centros para participar no proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014/2015
O proxecto Educación Dixital E-DIXGAL ten o obxectivo de fomentar a utilización do equipamneto das aulas Abalar poñendo á disposición dos centros unha contorna virtual de aprendizaxe con libros e outros materiais dixitais cos que poderá desenvolver a totalidade do currículo.
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Poden participar nesta convocatoria os centros adscritos á rede Abalar que impartan ensinanzas de 5º de Educación Primaria durante o curso 2014-2015. En anos sucesivos ampliarase os cursos e etapas de implantación deste proxecto.
Características:
-
Deberán empregarse materiais dixitais en todas as áreas.
-
Os centros manterán o programa un mínimo de 3 anos (dúas promocións).
-
Os materiais poderán utilzarse online e offline.
-
Debido á gratuidade do proxecto, o alumnado participante quedará excluído como beneficiario das axudas ou subvencións para adquisición de libros de texto convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
-
Os centros participantes contarán co asesoramento, asistencia técnica e seguemento da rede de formación Permatente do profesorado, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e os servizos de inspección educativa.
Documentación necesaria
-
Solicitude segundo o anexo da convocatoria.
-
Proxecto concretando a implantación no centro segundo o guión do punto cuarto da convocatoria.
-
Proposta dunha persoa responsable da coordinación do proxecto.
Máis información:
Correo electrónico asesoria.tic@edu.xunta.es
Tl.: 981 546.514/ 981.546.513