G1301071: A convivencia nos centros como factor de calidade

A convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.
Mér, 12/02/2014 - 19:41
convivencia_positiva

A CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS COMO FACTOR DE CALIDADE

Referencia: G1301071
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  17/02/2014  -  05/05/2014
En rede, 30 horas  .  http://www.edu.xunta.es/platega/
Prazas:  50
Observacións prazas: Son necesarios coñecementos básicos de informática.

Destinatarios

  • Bacharelato
  • Ciclos formativos
  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria
  • Programas de cualificación profesional inicial

Corpos e especialidades

597 - Mestres
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional

Obxectivos

1.Valorar a convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.

2.Identificar as diferentes causas que orixinan a violencia escolar e analizar os factores básicos para a prevención de conflitos e problemas de convivencia nos centros educativos.

3.Coñecer e aplicar técnicas de modificación de conduta e de resolución de conflitos no contorno escolar.

Contidos

1.O clima escolar como factor de calidade. Conflitos de convivencia nos centros educativos, principais elementos.

2.Prevención de problemas de convivencia no centro educativo, medidas curriculares e disposicións organizativas. Programas de desenvolvemento persoal e social.

3.Técnicas básicas de modificación de conduta. Programas de resolución de conflitos no centro educativo, fundamentos e estratexias.