Skip to Content

Complementarias

Herstóricas

     Os día 28-29 o alumnado do IES Sofía Casanova recibiu a visita do grupo Herstóricas, un equipo multidisciplinar interesado na historia das mulleres que reivindica e fai visible e accesible o papel da muller na historia mediante distintos proxectos que promoven a participación, o debate e o pensamiento crítico. O taller que levaron a cabo cos alumnos de 3º e 4º ESO tratou da "representación feminina na arte".

Visita aos Museos Científicos Coruñeses

     O día 4 de febreiro, no marco dunha actividade organizada polos departamentos de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química, o alumnado de 3º ESO visitou os Museos Científicos Corruñeses: Casa das Ciencias, Aquarium Finisterrae e Domus.

Alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova visita Cardiff

 

   Do 27 ao 31 de xaneiro, alumnado e profesorado do IES Sofía Casanova viaxou a Cardiff dentro do proxecto europeo no que está a participar o centro, Erasmus +. Robot dance.
    Alí poidemos visitar o Bishop Walsh Catholic School e participar en varios obradoiros de robótica.
    Con nós viaxou alumnado e profesorado de CPI A Xunqueira e CPI San Sadurniño. Moitas grazas ao CFR de Ferrol por darnos está oportunidade.

     Podedes ver fotos da viaxe na conta de Instagram sofia_club_ciencia

Erasmus Robot Dance no IES Sofía Casanova

   

     A primeira semana de xaneiro tivo lugar unha nova movilidade do Erasmus+ Robot Dance, profesores socios de Gales e Finlandia estiveron na nosa cidade. Foi unha semana moi intensa na que o centro:
    · estivo como anfitrión da xornada formativa do 13 de xaneiro, mostramos as nosas instalacións, os proxectos STEMBach e organizamos un Escape Room
    · colaborou na “gymcana” urbana de orientación que se realizou por Ferrol, para que o profesorado extranxeiro coñecese a nosa cidade
    · realizou uns obradoiros no CIS para mostrar os nosos robots
    · colaborou nun obradoiro de Makeblock realizado no CFR de Ferrol.

Resultou unha semana moi intensa, pero moi gratificante.

    O Diario de Ferrol (e dous) e a COPE  fixéronse eco das actividades.

Olimpiada matemática

   

     O alumno Daniel Grande Fernández obtivo mención de honra la Olimpiada Matemática Galega celebrada o venres 17 de xaneiro na Facultade de Matemáticas en Santiago.

    Parabéns, Daniel!

Visita a Sotavento por alumnado de 3º ESO

 

    O 18 de decembro, o alumnado de 3º ESO visitou o Parque Eólico Experimental de Sotavento. Esta visita estivo xestionada polo departamento de Tecnoloxía Este Parque é un referente na divulgación e educación enerxética.
     Alí puideron coñecer o funcionamento dun aeroxerador, o concepto de vivenda bioclimática, diferentes formas de aforro enerxético e os tipos de enerxía renovables que hai.

O IES Sofía Casanova na prensa local

 

    Nas súas edicións locais, La Voz de Galicia e o Diario de Ferrol recollen a estancia dun grupo de alumnos do Sofía Casanova en Os Peares (Ourense) dentro da semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas).

    O alumnado participante, en réxime de internado nun campamento de innovación, desenrolará ata o sábado actividades  co obxectivo de ampliar ós seus coñecementos científico-tecnolóxicos.

A biblioteca do Sofía na prensa local

      O Diario de Ferrol recolle o papel que as bibliotecas escolares, entre as que destaca a do IES Sofía Casanova, xogan na educación actual constituíndo unha ferramenta fundamental no sistema de ensino ó proporcionar información e ideas para desenrolar destrezas de aprendizaxe fundamentais para o éxito na nosa sociedade.
Distribuir contido


by Dr. Radut