Skip to Content

Complementarias

XXIV día da ciencia na rúa

   

     O Sábado 4 de Maio o alumnado do club de ciencias participou no Día da Ciencia na rúa en Coruña.  
     Entre outras cousas, os nosos rapaces e rapazas explicaron os diagramas de Voronoi, amosaron como o noso cerebro nos engana coas ilusións ópticas, fixeron que a xente se sentise como en Venus e prepararon xogos con robots cos que tanto nenos como maiores puideron gozar.

    Dámoslles os nosos parabéns polo duro traballo que fixeron durante todo o día.

Día do libro: 2019

   

     Como ven sendo tradicional, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou distintas actividades para conmemorar o Día do Libro, que este ano estivo adicado ao conto.
    Os alumnos elaboraron diversos traballos: pequenas recensións, carteis, presentacións... Rematamos a celebración o día 26 de abril no salón de actos cunha lectura de fábulas, contos tradicionais anónimos e contos de autores modernos.

    Todos os profesores sentímonos moi orgullosos do traballo e colaboración dos nosos alumnos. PARABABÉNS e GRAZAS a TODOS.

Concerto no Auditorio de Galicia

   

   O pasado martes 30 de Abril, alumnos de 2º ESO A e B, asistiron no Auditorio de Galicia a un concerto didáctico: "Orquestra de Malabares": CIRCO e a MÚSICA, da man de 6 malabaristas e a banda municipal de Santiago.

    Orquestra de malabares é un espectáculo que pon en escena a seis malabaristas e a banda municipal de Santiago. Unha relación entre música e circo.

Visita ós talleres do CIFP Ferrolterra

        O día 29 de abril, os alumnos de 4°ESO C e de 3° PMAR visitaron os talleres do CIFP Ferrolterra. Esta actividade foi organizada polos departamentos de Orientación e Tecnoloxía.

Visita internacional no Plan Proxecta: O Mundo que queremos

   

    O pasado día 9 de abril tivemos unha nova parada no Plan Proxecta: O mundo que queremos: a "visita internacional". Nesta ocasión, representantes das asociacións Concavis Trans (Asociación Comunicando y Capacitando Mujeres Trans) e ORMUSA (Organización de Mujeres Salvadoreñas) explicaron a súa experiencia de defensa dos seus colectivos en El Salvador.
    Con isto, puidemos coñecer como un grupo de persoas poden loitar por conseguir acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, neste caso, a redución das desigualdades.

Plan Proxecta: Como podemos acadar os ODS

 

   

    Adiantamos aquí os primeiros resultados dos obradoiros de radio: na primeira sesión, aquel alumnado que o desexou puido gravar unha proposta de como acadar o obxectivo escollido pola súa clase: a redución da pobreza ou a redución das desigualdades.
    Finalmente, desde as Asociación Galega de Reporteir@s Solidari@snos enviaron estas cuñas sonoras. Para poder compartir as ideas do alumnado co resto do centro, colgamos estas propostas no "Recuncho do Mundo que Queremos"

GenTech

   

    O alumnado de primeiro de bacharelato do centro asistíu á charla “Descobre o teu GenTech” impartido pola empresa Altia.

    Nesta animada e amena charla os poñentes intentaban axudar ós rapaces a descubrir o seu xene tecnolóxico con diversas cuestións e amosando varios exemplos.

ERASMUS+: ROBOT DANCE do Sofía Casanova en Finlandia

   

     A primeira semana de Abril celebrouse en Kuopio, Finlandia, unha nova reunión de formación do Proxecto ERASMUS+: ROBOT DANCE no que o instituto está a participar.

    Durante esta semana un grupo de profesoras do centro mostraron o traballo realizado, visitaron os centros educativos integrados no proxecto e puideron coñecer o funcionamento do sistema de ensinanza finlandés

Distribuir contido


by Dr. Radut