Skip to Content

Complementarias

Concurso de fotografía matemática

   

    O Departamento de Matemáticas convoca o 1º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a todos os membros do centro a participar, pero sobre todo ao alumnado.
    Esperando que o concurso teña boa acollida este ano e poida seguir celebrándose en próximos cursos, achegamos as bases, bases que tedes polo centro e tamén nos corchos das aulas.

"Son do Sofía", no festival "A mocidade coa lingua"

   

 O coro "Son do Sofía" participou, o xoves 11 de abril, xunto con outros grupos da comarca, no festival "A mocidade coa lingua" que, un ano máis, organiza a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra .
    Os membros de "Son do Sofía" interpretaron as súas versións de "Matriarcas" e "Believer".

II Edición das Xornadas de orientación académica e profesional da comarca de Ferrol

        O mércores, 10 de abril, o alumnado de 1º bacharelato do IES Sofía Casanova acudiu ao Auditorio de Ferrol para asistir ás Xornadas de Orientación Académica e Profesional que organiza o IES de Leixa en colaboración co concello de Ferrol.

Charla do Colexio de Médicos e presentación da app “Risco Cero”

   

     Mª José Salas (psicóloga) e Pedro San Julián (estudante de 6º Medicina) visitaron o centro o martes, 9 de abril, para dar una charla a alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato sobre enfermidades de transmisión sexual e prevención de embarazos non desexados.

    Presentaron a app “Risco Cero” para android, dirixida a adolescentes, pais e docentes. Estas actividades están organizadas polo Colexio Oficial de Médicos da Coruña; nelas participan estudantes de Medicina que rotan no CHUAC.

Charla de astronomía

   

    O pasado martes no club de ciencia contamos coa visita de Paulino Gasalla, da SGHN, que nos deu unha charla de astronomía.
    No marco do proxecto no que colaboramos, Sistema Solar Ferrolterra, dende a biblioteca do Sofía, fixemos unha viaxe para coñecer o Sol e os planetas que participan neste proxecto. Profundizamos un pouquiño no planeta que nós representamos, Venus, e os rapaces participaron moi activamente facendo preguntas e amosando un grande interese.
  Agardamos ter máis charlas así de interesantes.

Prata no II Certame de Robótica da Escola Universitaria Polítécnica de Serantes


 
 

    Varios  alumnos  do IES Sofía Casanova participaron no  II Certame de Robótica da Escola Universitaria Polítécnica de Serantes.

    O equipo Pacadia acadou a prata na categoría de Sumo. 

    Pacadia está formado por Pablo Sánchez, Carlos Cao, Diego Pol e Aldryn Rodríguez Guzmán.

    Pode atoparse máis información sobre o certame en: La Voz de Galicia ;  Galicia Press  e o  Diario de Ferrol.

Viaxe a Berlín

   

     Entre os días 23 e 27 do mes de marzo sesenta e sete estudantes de 1º de bacharelato do IES Sofía Casanova visitaron Berlín nunha actividade organizada polos departamentos de Filosofía, Inglés e Xeografía e Historia.

  As imaxes desta viaxe están dispoñibles na web.

A visita ao Campus de Esteiro na prensa local

   O Diario de Ferrol na súa edición do 30 de marzo e La voz de Galicia, na súa edición do 2 de abril recollen a visita dos alumnos de 4º ESO ao Campus de Esteiro.
Distribuir contido


by Dr. Radut