Skip to Content

Complementarias

O alumando de 3º ESO visita a exposición "Entrar no cadro"

   

    O venres 14 de xuño, alumnado de 3º ESO visitou no Museo da Construción Naval de Ferrol a exposición “Entrar no cadro. Entrar na pintura” organizada polo Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.

   O alumnado foi acompañado por profesoras do departamento de Tecnoloxía e puideron achegarse, grazas á realidade virtual, a un modo diferente de sentir a pintura. Deste xeito puideron asomarse aos prados franceses pintados por Van Gogh, visitar Nova York cos ollos de Mondrian e mergullarse entre as flores dun bodegón holandés do século XVII, obra de Balthasar van der Ast.

Gañadores do 1º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova

   

   Os gañadores son:

1º ciclo ESO: Zoe Permuy de 1ºD con "Senta nas paralelas!"

2º ciclo ESO: Yanira Astolfi de 4ºC con "Cazando nubes"

Bacharelato: Marta de Castro de 1ºC de bacharelato con "Patróns"

        Os premiso repartiranse ao longo da semana.

O alumnado de 4º ESO visita a escola Antonio Escaño

 
 

     O alumnado de 4º de ESO do IES Sofía Casanova visitou a Escola Antonio Escaño o día 29 de maio de 2019.

    Esta actividade estivo organizada polos Departamentos de Orientación e Tecnoloxía. Coñeceron a actividade profesional da Armada, pequeno museo, aulas de formación etc...

Vídeos e programas de radio de "O mundo que queremos"

   

     Xa temos á nosa disposición os resultados definitivos dos obradoiros de radio e vídeo do Plan Proxecta: O mundo que queremos.

    Aquí podedes ver os vídeos elaborados polo alumnado de 3º B e os programas de radio de 3º A, C e D.

Teatro no Sofía o martes, 28 de maio: Grupo de Teatro IES Sofía Casanova

   

     O martes 28 de maio  o Grupo de Teatro do IES Sofía Casanova representará: Unha praza un banco e dous casorios.

    1ª función: 9.45-10.00, 1º e 2º ESO

    2ª función: 12.00, 3ª e 4º ESO

    3ª función: 16.30, para familias.

Ata logo, Correspondentes.

   

    En xuño de 2019 déixannos os correspondentes que estaban este ano en 2º bacharelato: Adriana Sánchez, Ana Rivas, María Rodríguez Brañas (membro fundador), Tomás Losada, Roi Río, Andrea Carro e Rodrigo Martín.

    Moitas grazas por serdes como sodes, parabéns polos vosos resultados académicos e sorte na vosa nova andaina fóra do Sofía. Marcharedes, pero seguiremos en contacto a través do TABOLEIRO CSC. Xa sabedes: seguimos aquí, na nosa sección da páxina web do IES Sofía Casanova, con información actualizada de interese para a xuventude.

Hospital de Robots. FPinnova

   

    Unha representación do alumnado de Robótica estivo na FPinnova que se celebrou a primeira semana de maio na Cidade da Cultura.

    O alumnado de Robótica participa no Proxecto Hospital de Robots do CIFP Ferrolterra, nel están a montar un robot, a “disfrazalo” deseñando e imprimindo coa impresora 3D e tamén teñen que impartir uns obradoiros do manexo do robot.

O alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO visita o Centro de Interpretación de Caldoval

   

     O pasado venres 10 de maio, o alumnado de Cultura Clásica de 3º da ESO A, B, C, D visitou o Centro de Interpretación de Caldoval, onde puideron ver os restos arqueolóxicos dunhas thermae romanas pertencentes a unha villa a mare romana habitada na época imperial (s. I e V d C.).
     A través dunha visita guiada os alumnos puideron comprobar como vivían e se cuidaban os habitantes da Galicia romana. Coñeceron o funcionamentodos dos baños, o seu uso, e as características de cada unha das estancias do circuíto termal; vestimentas dos bañistas e calzado; que facían nos momentos de ocio; os deportes e xogos que practicaban.
    Tamén participaron nun obradoiro de ourivaría, que lles permitiu achegarse á ourivaría romana, e incluso practicar a elaboración dalgunha peza.

Distribuir contido


by Dr. Radut