Skip to Content

Complementarias

2º Concurso de Fotografía Matemática, IES Sofía Casanova

   

     O Departamento de Matemáticas convoca o 2º Concurso de Fotografía Matemática IES Sofía Casanova convidando a todo o alumnado do centro a participar.

    Esperamos que o concurso volva ter a boa acollida de hai dous anos, e poida seguir celebrándose nos próximos cursos.

    Achéganse aquí as bases, *  bases que teredes tamén distribuidas polo centro e nos correspondentes cursos de Matemáticas da Aula Virtual.

    * Amplíanse os prazos ata o 31 de maio

Visita virtual ao MHN (Museo de Historia Natural) de Ferrol

   

    Alumnado de 1º de ESO realiza unha visita virtual con conexión en directo ao Museo de Historia Natural de Ferrol guiada polo Biólogo Pablo Torrella.

    A actividade realízase na aula de cada grupo durante a clase de Bioloxía e Xeoloxía".

                Máis información sobre as visitas ao MHN de Ferrol.

    A revista "enfoques.gal" publica unha noticia onde o figura o Sofía como centro pioneiro: "Visitar un museo por videollamada: una iniciativa pionera en España impulsada por la Sociedade Galega de Historia Natural en Ferrol.
    Esta semana han comenzado las primeras visitas virtuales en tiempo real con el alumnado del IES Sofía Casanova que permiten descubrir online el museo."

O alumnado de STEMBach celebrou “O día da muller e da nena na ciencia 2020/21"

   

    O venres 19 de febreiro, alumnado de STEMBach do IES Sofía Casanova celebrou “O día da muller e da nena na ciencia 2020/21”

    Impartiron pequenas Charlas Científicas ao alumnado de 1º e 2º de ESO e faláronlles sobre os proxectos científico-tecnolóxicos que están a realizar. 

    Ao tempo, ian caracterizados de mulleres científicas que destacaron en diferentes campos da ciencia: Angelita Ruiz Robles, Hady Lamarr, Marie Sklodowska Curie, Ada Lovelace, Margarita Salas, Valentina Tereshkova, Rosalind Franklin, Cecilia Payne, Luse Maithner e Wang Zhengy.

Reparto de froita entre o alumnado.

   

    Máña martes,día 19, comezamos co reparto de froita no patio traseiro do instituto, nos dous recreos.

    O reparto  será feito por alumnado voluntario, e será supervisado por profesores. 

    Proporcionaráse unha peza de froita por alumno ós alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º ESO:

             -  No primeiro recreo 3º e 4º ESO

             -  No segundo recreo 1º e 2º ESO

Flashmob Jerusalema

   

    No vídeo adxunto pódese desfrutar do Proxecto de Danza elaborado en decembro de 2020 co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES, para intentar seguir con proxectos de actividades complementarias a pesar da Pandemia.

  Parabens e grazas a todos por participar.

 

Unha autoestrada detrás do enchufe, 4º ESO

   

    O alumnado de 4º de ESO de Bioloxía e Tecnoloxía asistiron o pasado 11 de marzo á exposición interactiva "Unha autoestrada detrás do enchufe".

    Esta visita gratuíta estaba organizada por REE en Palexco, A Coruña. O alumnado descubriu como funciona e se xestiona un sistema eléctrico a partir de tres ideas centrais: que é a electricidade, como se transporta e como se consume.

A escritora Andrea Maceiras no Instituto

         O día 9 de marzo a escritora Andrea Maceiras visitou o noso Instituto para dar unha charla ao alumnado de 1º ESO sobre a súa novela Conta nove estrelas, unha aventura de ciencia ficción, que obtivo o Premio Lazarillo 2018.

Visita a Pull and Bear

   

   O 28 de febreiro o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Robótica visitou as instalacións centrais de Pull and Bear no Polígono do Río do Pozo en Narón.

        Nesta visita:
   - comprobou como funciona o centro de loxística, pois dende alí o grupo distribue os seus artigos de muller a todo o mundo e
   - coñeceu a súa sede ecoeficiente, onde realiza dende o diseño ata a comercialización dos artigos que vende (patronaxe, compras, e-commerce, tenda piloto...)

Distribuir contido


by Dr. Radut