Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Tecnoloxía

Alumnos do IES San Tomé aprenderon a voar un dron

Nove alumnos de 2º ESO do IES San Tomé modificaron e aprenderon a voar un dron en tan só cinco meses.

Ler o artigo

 

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro gañador de dous premios da Competición de Robots organizada pola UVIGO.

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro gañador de dous premios da Competición de Robots organizada pola UVIGO. Ao longo de toda a mañá do venres, 21 de abril, o alumnado participou nas probas, acompañado polo profesorado, José Antonio López García e Luisa Alonso Costoya, que estiveron traballando nos últimos meses nas aulas cos grupos participantes. Velocikar, de primeiro /segundo da ESO gañou o segundo premio na categoría BeRobot, e o grupo TukiTuki levouse o premio STEM. Parabéns! Máis fotos no enlace   enlace

O equipo TukiTuki integrado por rapazas                                                                 Equipo Velocikar  2º premio

CONCURSO PILABOT

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio  Vivenda da Xunta de Galicia, en colaboración cos Xestores de pilas autorizados na Comunidade - Ecopilas, ERP e Ecolec-, levou a cabo a cuarta edición da campaña para fomentar a recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles. Nesta ocasión, a iniciativa levouse a cabo en 150 centros educativos de primaria e secundaria en Galicia.

No noso centro educativo, o IES San Tomé de Freixeiro, o alumnado de secundaria, xunto coa profesora de Tecnoloxía, Luísa Alonso Costoya, como coordinadora do proxecto no centro, temos participado no concurso PILABOT, que comezou o 12 de xaneiro e tivo unha duración de 6 semanas lectivas co obxectivo de recoller o maior número de pilas e baterías para o seu posterior tratamento e reciclaxe. O concurso finalizou o 28 de febreiro e, grazas ao esforzo realizado por todos os participantes, temos logrado recoller un total de 305 kg de pilas e baterías usadas. Este è un logro importante que contribúe a reducir o impacto negativo que estes residuos teñen sobre o noso entorno e a nosa saúde.

É  importante salientar que o concurso PILABOT continúa ata o 14 de abril para todos os centros participantes e, no mes de maio, entregaranse os premios aos gañadores. Esta iniciativa é unha excelente oportunidade para fomentar a educación ambiental e a conciencia sobre a importancia de reciclar e reducir o impacto negativo que xeramos no noso entorno.

Premer para ver fotos

CONCURSO DE ROBÓTICA E DRONS. PROGRAMANDO O FUTURO.

 

XIII Obradoiro e concurso galego de robótica. A maxia da robótica 2022-23

O pasado día 9 de novembro de 2022, un grupo de 35 alumnos/as de 2º e 4º de ESO, e 1º bacharelato, acompañados polos profesores de Tecnoloxía Luisa e X. Roberto, viaxan a Coruña para participar no “XIII Concurso de Robótica e Drons”, organizado por Igaciencia e o Concello de Coruña, que se desenvolveu na semana do 7 ao 11 de novembro. Nas primeiras horas da mañá visitan o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), ao mediodía, participan de forma moi meritoria no concurso de Robótica, cos robots Lego Mindstorm EV3, onde un grupo de 5 alumnos e alumnas do noso instituto obteñen o mellor resultado de todos, logrando ser os gañadores/as do concurso onde participaban mais de 800 alumnos/as de 26 centros educativos de toda Galicia.

Pola tarde un grupo de 6 alumnos/as, viaxan ata Culleredo para participar no concurso de Drons, cuns resultados máis que meritorios.

Dende o noso centro e particularmente dende o departamento de Tecnoloxía do instituto IES San Tomé queremos transmitirlle os nosos parabéns e animalos a que continúen programando un futuro mellor e máis esperanzador. GRAZAS  A TODOS E TODAS!!!

A continuación temos unha pequena montaxe de vídeo de cómo se desenvolveu a xornada e a reportaxe de prensa onde se lles entregou a todos os participante un diploma “Polo seu esforzo e dedicación”.