|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
O alumnado de 1ºESO C celebrou no Aquapark de Cerceda o premio acadado co deseño dunha campaña de contrapublicidade que procura concienciar á mocidade do risco no consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas. O alumnado desta clase creou unha campaña de contrapublicidade denominada “Red Bull te corta las alas. Por un consumo responsable” dentro do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber!, ao longo do cal leváronse a cabo charlas formativas por parte dunha psicóloga do Departamento de Prevención e Conductas Aditivas do Servizo Galego de Saúde e máis unha sesión formativa dirixida ás familias. O resultado do seu traballo foi unha xornada festiva entre tobogáns e piscinas que gozaron a modo de fin de festa do presente curso. Parabéns, rapazada!
Como produto final do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber! concedido ao noso IES, o alumnado de 1ºESO deseñou varias campañas de contrapublicidade para concienciar á sociedade, especialmente á mocidade, dos perigos e consecuencias que ten o consumo de alcohol sen responsabilidade e a unha idade precoz.
Aquí tedes as contrapublicidades:
https://sites.google.com/santomevigo.net/aputamonosanonbeber
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/kSScta8k5LwaNYA
O mércores 24 de maio celebrouse no noso IES unha charla formativa dirixida ás familias sobre o consumo de alcol e outras sustancias aditivas dentro do "Plan Proxecta / Apuntámonos a non beber!" coordinado por Silvia Barja Fernández do departamento de Bioloxía-Xeoloxía e o departamento de Orientación. A charla foi impartida por Maria Nogueira da Asociación Érguete.
A finalidade é previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas no noso alumnado e desnormalizar a conducta de consumir alcol na mocidade.
Grazas a todas as familias asistentes pola vosa presenza e colaboración.
Do 10 ao 23 de maio temos no noso IES a exposición itinerante Apúntate á compostaxe! do Programa Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que se inclúe dentro do Contrato Programa Innova-Sostenibilidad concedido o presente curso e coordinado polo departamento de bioloxía e xeoloxía.
Na exposición móstrase a gran importancia que ten hoxe en día a xestión selectiva de residuos e a compostaxe como práctica activa da sostibilidade.
O departamento de bioloxía e alumnado de 1ºESO pon a punto a horta realizando unha plantación de diferentes especies vexetais como plántulas de tomates, cebola, leituga e fresas. A finalidade do proxecto é concienciar ao alumnado na sostenibilidade, no coidado do medio ambiente, e na práctica de hábitos alimentarios saudables.
Alumnado de 1ºESO colocando o composteiro e contenedores para a separación dos residuos.
Proposta de hábitos saudables elaborada polo alumnado de 3º ESO PMAR no ámbito científico-matemático como producto final da súa investigación sobre os hábitos e estilos de vida da poboación.
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|