Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Lingua Galega

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro proclamouse campión do Certame de Regueifas 2024

O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro proclamouse campión do Certame de Regueifas 2024 organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Excmo. Concello de Vigo.

O venres 26 de abril, un pequeno grupo de rapaces e rapazas do IES foron con toda a ilusión do mundo participar no dito certame, acompañados de dúas profesoras de Lingua galega.

Había un total de 8 institutos participantes, e o noso chegou á semifinal con 6 candidatos dun total de 15.

A vitoria xa se ulía e, así foi! Seleccionaron catro participantes e dous deles eran do San Tomé!

Ao final, fixémonos coa ansiada “regueifa”, que compartimos todos xuntos ao chegarmos ao centro, onde fomos recibidos cunhas agarimosas apertas e parabéns!

Parabéns novamente a todos e todas!

No IES San Tomé hai unha canteira de regueifeiros/as espectacular!

Que sigan así! É este o mellor agasallo que se lle pode facer á nosa lingua!

Moitas grazas á profesora Lucía Alonso por se encargar de solicitar en tempo e forma os obradoiros e tamén ao profesor Miguel Doiro por facer posible estes obradoiros e darnos o agasallo inmaterial de asistir ao Certame, ao xa noso Certame!

Obradoiro “Correlíngua”: Desata a língua

Os obradoiros para a escrita do manifesto do Correlinguan están pensados para crianzas de 1º e 2º curso de ESO, teñen unha duración estimada de 50 minutos por obradoiro e cunha participación máxima de 25 persoas. A intención desta actividade é promover a posta en común de ideas e a redacción, a través de exercicios lúdicos, de dous puntos do manifesto en cada un deles.

Traballarase en grupos, promovendo o debate, a posta en común, dando espazo ás mozas e mozos para que se expresen, e priorizando a participación e o respecto