|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
O alumnado do IES San Tomé de Freixeiro proclamouse campión do Certame de Regueifas 2024 organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Excmo. Concello de Vigo.
O venres 26 de abril, un pequeno grupo de rapaces e rapazas do IES foron con toda a ilusión do mundo participar no dito certame, acompañados de dúas profesoras de Lingua galega.
Había un total de 8 institutos participantes, e o noso chegou á semifinal con 6 candidatos dun total de 15.
A vitoria xa se ulía e, así foi! Seleccionaron catro participantes e dous deles eran do San Tomé!
Ao final, fixémonos coa ansiada “regueifa”, que compartimos todos xuntos ao chegarmos ao centro, onde fomos recibidos cunhas agarimosas apertas e parabéns!
Parabéns novamente a todos e todas!
No IES San Tomé hai unha canteira de regueifeiros/as espectacular!
Que sigan así! É este o mellor agasallo que se lle pode facer á nosa lingua!
Moitas grazas á profesora Lucía Alonso por se encargar de solicitar en tempo e forma os obradoiros e tamén ao profesor Miguel Doiro por facer posible estes obradoiros e darnos o agasallo inmaterial de asistir ao Certame, ao xa noso Certame!
O Departamento de Orientación e a Vicedirección coordinaron a visita guiada para o alumnado de 2ºBAC ao campus da Universidade de Vigo. 114 alumnos/as percorrieron ás instalacións e seguiron as explicacións polos distintos itinerarios tecnolóxico, científico, humanístico e xurídico e económico.Ver fotos.
Este ano cunha temática medieval pero cun entorno de comparsas e disfraces moi variados celebramos o noso Entroido. Malia a metoeroloxía desfavorable que non impediu desfilar nos patios, a festa foi aclamada por toda a corte. Preme no enlace para ver as fotos.
O pasado 31 de Xaneiro estivo no noso centro a compañía británica English Theater Company, representando a obra Digital Twin. Eiquí tendes o enlace para ver algunhas imaxes.
Dende o xoves 11 temos taboleiros de xadrez a disposición do alumnado para poder xogar durante o recreo. A actividade levarase ao cabo durante todo o 2º trimestre e estará dirixida polo Xadrez Galego e o Club Lucena. Ademais, grazas á colaboración da ANPA, ao rematar o trimestre o alumnado poderá disfrutar dun xadrez xigante.
Un ano máis e grazas a iniciativa da Alianza francesa de Vigo, o alumnado de francés do noso instituto acudíu a unha sesión de cinema francés no auditorio do concello. Primeriro foi o alumnado de 3º ESO primeiro idioma e o de 4º de ESO quen asistíu o día 8 de novembro para ver Seuls, película distópica onde uns adolescentes quedan sós no mundo. O día 16 de novembro foi o turno do alumnado de bacharelato que animouse a ver La traversée que narra a viaxe inciática duns nenos que inician o camiño do exilio. Grazas a todos por participar!!
Estes días estivemos preparando cun taller de origami a chegada do Samaín. O 31 de outubro o centro vestiuse de terror e medo con diversas actividades para festexar o Samaín.
Co gallo do bicentenario da morte de Lord Byron, alumnado de 1º BAC da materia Literatura universal, foi ás aulas de 1º e 2º ESO a expoñer os seus traballos sobre a relación do poeta con Polidori e a creación do mito do vampiro tal e como o coñecemos hoxe.
Ademais todo o alumnado da ESO tivo unha hora de lecturas terroríficas ao longo da mañá.
No centro puidemos ver o cemiterio romano creado polo alumnado de latín de 1º de bacharelato. Contamos tamén coa exposición dos traballos do alumnado de 1º ESO feito na materia de ciencias sobre os vampiros reais acompañados das cabazas decoradas e talladas polo alumnado. A exposición de novidades da biblioteca estivo chea de propostas literarias de terror da man do propio Byron.
Durante o recreo, no salón de actos, proxectáronse curtas de terror no noso salón de actos engalanado con moito acerto para a ocasión pola ANPA. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
O alumnado de 1ºESO C celebrou no Aquapark de Cerceda o premio acadado co deseño dunha campaña de contrapublicidade que procura concienciar á mocidade do risco no consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas. O alumnado desta clase creou unha campaña de contrapublicidade denominada “Red Bull te corta las alas. Por un consumo responsable” dentro do Plan Proxecta Apuntámonos a non beber!, ao longo do cal leváronse a cabo charlas formativas por parte dunha psicóloga do Departamento de Prevención e Conductas Aditivas do Servizo Galego de Saúde e máis unha sesión formativa dirixida ás familias. O resultado do seu traballo foi unha xornada festiva entre tobogáns e piscinas que gozaron a modo de fin de festa do presente curso. Parabéns, rapazada!
Para dar remate ao curso académico, pasou a integrar o Paseo da fama o noso compañeiro Fernando Lillo, autor de múltiples obras de divulgación das culturas latina e grega e habitual conferenciante sobre eses temas. Benvido ao ilustre chan.
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|