Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Comunicacións

Fondo de libros. Aviso: publicación de listaxes

As listaxes provisionais de fondolibros serán publicadas mañá, día 12 de xullo.  Segundo a convocatoria oficial, as reclamacións das mesmas poderanse presentar os días 15 e 16 de xullo.

  • As listaxes definitivas publicaranse o día 22 de xullo.
  • A entrega de vales e de libros farase no mes de setembro. Os días concretos de entrega anunciaranse coa suficiente antelación por Abalar e na páxina web do centro

Libros de texto no curso 2024-2025

En documentos adxuntos publícase a relación de libros de texto para o curso 2024-2025.

 

 

Proceso de pre-matrícula e matrícula para o curso 2024-2025

Atención! Non respostedes aos cuestionarios ata que o alumnado reciba a información na aula. Asemade, enviarase comunicación/información por Abalar ás familias.

  1. Información ao alumnado nas aulas.
  2. Pre-matrícula. Realizarase a través dos formularios dixitais. Atención! A pre-matrícula non ten validez oficial. 
  3. Procesamento dos datos e comezo do traballo de organización do vindeiro curso. 
  4. Matrícula oficial para o vindeiro curso nas datas establecidas pola Consellería de Educación (xuño-xullo)
    • Ao alumnado faráselle entrega do sobre de matrícula. Neste atoparán o documento que recolle a selección de materias que fixeron a través do formulario dixital ☞ Poderán confirmar ou modificar.

Proceso de admisión para o curso 2024-2025. Listas provisionais e definitivas

Publicada no taboleiro do anuncios, localizado no vestíbulo do centro, a lista provisional de alumnado admitido para o curso 2024-2025.

  • Reclamación das puntuacións outorgadas (baremo) na lista provisional ☞ Do 26 de abril ao 3 de maio de 2024
  • Publicación da lista definitiva ☞ 15 de maio de 2024

Resumo do proceso de admisión