Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Comunicacións

Folga de estudantes convocada para o día 16 de novembro

Lémbrase que:

  • Soamente o alumnado a partir de 3º curso pode adoptar decisións colectivas de inasistencia a clase. 
  • O alumnado participante na xornada de folga deberá xustificar a súa ausencia do xeito tradicional ☞ Motivo ➟ Outros: Participación en xornada de folga.
  • O alumnado que desexe saír no recreo para participar na manifestación deberá entregar autorización firmada polos proxenitores. Achégase comunicación/autorización para saír no recreo. Esta comunicación/autorización para saír no recreo tamén pode ser recollida na conserxería do instituto.

Folga de estudantes convocada para o día 26 de outubro

Lémbrase que:

  • Soamente o alumnado a partir de 3º curso pode adoptar decisións colectivas de inasistencia a clase. 
  • O alumnado participante na xornada de folga deberá xustificar a súa ausencia do xeito tradicional ☞ Motivo ➟ Outros: Participación en xornada de folga.
  • O alumnado que desexe saír no recreo para participar na manifestación deberá entregar autorización firmada polos proxenitores. Achégase comunicación/autorización para saír no recreo. Esta comunicación/autorización para saír no recreo tamén pode ser recollida na conserxería do instituto.

Probas de acreditación de competencia lingüística en lingua estranxeira

A Consellería de Educación ven de anunciar a convocatoria de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeira para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/2024. As probas serán realizadas no tramo final de curso (incluso co curso rematado, no caso do inglés) e o nivel será certificado pola Alliance francaise (Francés) e Cambridge Assessment (Inglés). 

A axuda é de 100 €  e so se pode certificar un idioma (preferentemente o da primeira lingua estranxeira). No caso de que o custe da proba sexa superior, é a familia do alumnado quen debe pagar a diferencia. Unha vez completada a solicitude, a Consellería de Educación indicará canto alumnado subvenciona ao noso centro. No caso de haber máis solicitantes que prazas, a Consellería establece que ten prioridade, e por orde,  o alumnado de 2º de Bacharelato ➟ 4º de ESO ➟ 1º de Bacharelato 

O alumnado interesado debe comunicalo, cumprimentando o seguinte formulario on-line, antes do 20 de outubro de 2023.

☞ Probas de acreditación de competencia lingüística en lingua estranxeira

ABAU 2024. A CIUG informa.

Comisión Interuniversitaria de Galicia CIUG - YouTube

Dadas as numerosas consultas actualizamos este texto na páxina web:

"Na ABAU de 2024, os currículos estarán determinados, salvo instrución noutro sentido, pola Lei de Educación 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación (LOMLOE), así como polo Real Decreto 423/2022, de 5 de abril, polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas de bacharelato e o Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se estabelecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 26 de setembro de 2022).

Na actualidade estamos a recibir numerosas consultas sobre o formato das probas e as materias que entrarán nas probas de 2024 que non podemos resolver. Continuamos á espera de que o Ministerio publique o Real Decreto que permita resolver esas dúbidas. Manteremos informados aos centros, estudantes e familias das novidades que teñamos, e lembramos que os pasos son Ministerio, Xunta de Galicia e Universidades."

Curso 23-24. Exencións de Lingua Galega e Validacións de Música

☞ As datas límites para solicitar as exencións de Lingua Galega son o 5 de outubro, para ESO, e o 20 de outubro, para Bacharelato. ⚠️ Lémbrase que é preciso solicitar a exención cada curso académico e ata un máximo de 2 anos. 

☞ As validacións de Música poden tramitarse ata o 29 de setembro.

23-24 Horarios de grupos

Organización do horario particular do alumno

 

  • Na listaxe publicada na cortiza da aula figuran as materias optativas e subgrupos nas/nos que estás matriculado.
  • No arquivo que se achega podes ver o horario do teu grupo
  • Confecciona o teu horario particular prestando atención especial ás horas nas que hai desdobles ☞ Non esquezas anotar a aula

23-24 Inicio de curso. Presentacións

 (*) Calendario/Horario de presentacións en documento adxunto