Benvida/Benvido

 

 

 

 

 

 

 Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra.

ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667

     

 

Organización e funcionamento

Horarios dos diferentes grupos no curso 2024-25

Nos arquivos adxuntos atópanse os horarios e relación de profesorado dos diferentes grupos de ESO e bacharelato. 

O horario específico de cada alumno pode ser consultado a través de abalarMobil

Datas de presentacións.

As datas das presentacións do actual curso escolar serán:

  • Mércores, 11 de setembro ás 9:30 h ➠  3º ESO e 4º ESO
  • Mércores, 11 de setembro ás 11:00 h  ➠ 2º Bacharelato
  • Xoves, 12 de setembro ás 9:30 h ➠ 1º ESO e 2º ESO
  • Xoves, 12 de setembro ás 11:00 h ➠ 1º Bacharelato

Os autobuses recollerán ao alumnado nas cabeceiras no horario habitual do curso (chegada ao centro ás 9:00 h da mañá). Non haberá servizo para a volta a casa.

 

Aviso: Entrega libros del "Fondolibros".

A recollida dos libros asignados a través de "fondolibros" farase no seguinte horario:

  • 1ºESO: Mércores 11 de setembro entre as 16:00 e as 17:00
  • 2ºESO: Mércores 11 de setembro entre as 17:30 e as 18:30
  • 3ºESO: Martes 10 de setembro entre as 16:00 e as 17:00
  • 4ºESO: Martes 10 de setembro entre as 17:30 e as 18:30

A recollida dos libros debe efectuala a persoa solicitante do fondo. No caso de non poder acudir no horario asignado, poderá recoller os libros outra persoa previa presentación autorización escrita e fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante. 

En calquera caso, para a entrega dos libros da listaxe é preciso mostrar o documento identificativo da persoa que fai a recollida.

 

Aviso: Cheques de material dol fondolibros

O alumnado que ten asignados cheques de material do fondolibros poderá pasar a recollelos polas oficinas do centro a partir do día 27 de agosto e en horario de 9:00 a 14:00h.

A recollida dos cheques debe efectuala a persoa solicitante do fondo, provista dun documento identificativo (DNI ou NIE). No caso de non poder acudir no horario asignado, poderá recoller os libros outra persoa, presentando unha autorización escrita e fotocopia do DNI/NIE do solicitante.

 

 

Fondo de libros. Publicación de listaxes

As listaxes provisionais de fondolibros serán publicadas mañá, día 12 de xullo.  Segundo a convocatoria oficial, as reclamacións das mesmas poderanse presentar os días 15 e 16 de xullo.

  • As listaxes definitivas publicaranse o día 22 de xullo.
  • A entrega de vales e de libros farase no mes de setembro. Os días concretos de entrega anunciaranse coa suficiente antelación por Abalar e na páxina web do centro