|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
O venres 19 de abril un grupo de alumnos/as acompañados polo profesor de Economía Víctor Garví participaron en Madrid na final da competición educativa " Young Business Talents" que convocou a 343 xóvenes procedentes de 84 centros docentes. Este ano o alumnado dos dous equipos, EKONOCRACS e KEIZHAI, conseguiu acadar o premio de grupo e ademáis QUEDARON SEGUNDOS E CUARTOS NA FINAL NACIONAL.
Parabéns para eles!!
O venres 28 de abril dous equipos do instituto competiron en Madrid na final nacional deste concurso escolar de xestión empresarial, na que tiñan logrado meterse entre os 100 mellores equipos de toda España. Un dos equipos estaba formado por Yago Dorgambide, Alba Durán e Clara Fontán, de 4º ESO e o outro por Daniela Álvarez, Emily Jiménez e Iago Lorenzo, de 1º de bacharelato.
Na final, ambos equipos conseguiron ganar ás súas respectivas competicións de 5 finalistas, alcanzado dous dos 20 premios de Gañador de grupo. Parabéns ós nosos alumnos polo seu éxito!
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|