Skip to Content

Outras

Un verán de película!

A nosa Agatha Christie e o noso Sherlock Holmes

Aproveitando o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán (12 de maio de 1921) presentamos Los misterios de Selva, moi recente compilación de dúas novelas da nosa autora: La gota de sangre e a inédita Selva, novelas coas que Pardo Bazán cultiva o xénero policíaco-detectivesco. O protagonista, Ignacio Selva é un detective afeccionado, un enxebre Sherlock Holmes e a súa nai literaria é un precedente de Agatha Christie.

PARDO BAZÁN, Emilia, Los misterios de Selva (edición e prólogo de José María Paz Gago), Ézaro Ediciones, Santiago, 2021,  236 pp.

 

O noso teatro

No día do teatro queremos lembrar, unha vez máis a riqueza teatral da nosa cidade.

Tui ten dous teatros: o teatro municipal que alberga o edificio "Francisco Sánchez" ou "Área Panorámica", en activo, e o Teatro Principal, testemuña ruinosa do noso pasado teatral que acolleu actos tan sobranceiros como a celebración dos Primeiros Xogos Florais de Galicia desenvolvidos integramente en galego o 24 de xuño de 1891, coa participación de  Manuel Murguía, Alfredo Brañas, Salvador Cabeza de León, Juan Barcia Caballero ou Manuel Lago González, futuro bispo de Tui e arcebispo de Compostela.

Da súa dilatada historia desde os máis gloriosos fastos vividos ata os seus usos máis anódinos fálanos unha recente publicación do historiador Suso Vila: O teatro de Tui, unha axeitada proposta lectora para este día do teatro; moi ilustrado; seguro que bastantes tudenses atoparán caras coñecidas e todos faremos un estupendo exercicio de memoria para valorar e reivindicar a resurrección destas pedras centenarias, hoxe,  ai dor!, campos de soidade, murchos muros... 

Poetas de película, poesía de cine

Cinexornal 7

Amor lusófono

DRUMMOND DE ANDRADE, Carlos, Amar se aprende amando. Poesia de convívio e de humor,  Editora Record, Río de Janeiro, 1986 (6ª ed.) 178 pp.

Amar se aprende amando de Carlos Drummond de Andrade (Brasil, 1902-1987) permite facer un percorrido polas distintas formas do sentimento amoroso na súa poesía. Con estes poemas transitamos desde o amor sublime ao alcanzado por unha convivencia ideal, desde a fusión dos amantes en perfecta unidade á celebración da amizade. Unha creación lírica froito do esforzo do poeta para conciliar sentimento e experiencia. Se o amor pode ser aprendido amando na práctica, como se di no título do libro, a concreción do cotián empapa o sentimento romántico. Ao anhelo do amor ideal súmanse as referencias á circunstancia histórica do país, que vivía so unha ditadura militar, como recolle o poeta nestes versos "O feixón é de todos, en principio,/ tal como a liberdade, o amor, o ar./ Mais hai que conquistalo para os teus irmáns".

 

GONZAGA, Manuela, Meu único, grande amor: casei-me!, Bertrand Editora, Lisboa, 2010,  211 pp.

Nesta obra da escritora e historiadora lusa Manuela Gonzaga (Porto, 1951) aparecen tres personaxes destacados: Joâo Pires, un médico-psicólogo agoniado coa creación literaria, preséntalle a súa primeira novela ao editor Flavio Sousa. A fermosa e solitaria tradutora  Vera de Pôncio Pilatos e Costa Cabral é a encargada de corrixir e pulir a novela. A correctora odia o libro e o autor do libro aborrece á correctora. Desde esta mutua xenreira cara a unha tórrida relación non hai moita distancia: aí está o comezo de Meu único, grande amor: casei-me!: unha crónica de costumes baixo aparencia de folletín que tamén pon ao descuberto os ouropeis do noso mundo consumista e vaidoso.

Un par de novelas breves para o 14 F

Lara e Sabela (de Ignacio Vidal Portabales)

Novela con dúas protagonistas femininas: Sabela,  propietaria dunha galería de arte que goza facendo de modelo de Lara, unha artista que expón na súa galería. Sabela é lesbiana e está namorada de Lara. O eixe que vertebra a novela é a evolución do proceso de achegamento amoroso por parte de Sabela cara a Lara.  Lara, viúva recente, que non é lesbiana,  recibe todo tipo de apoio de Sabela. As dúas amigas len xuntas unha carta póstuma de Valentín, o home de Lara e pai de Ariel, froito dunha relación extraconxugal e ao que terán que coidar. Outros personaxes son as integrantes da seita das “Alumadas” ou o avogado que axuda ás nosas protagonistas para acoller ao bebé Ariel.
O autor con esta obra,  que non descoida o humor, é un dos poucos escritores varóns en abordar o tema do lesbianismo, outro caso similar sería o de Carlos Meixide que na súa novela Camiño de paixóns presenta como protagonistas a Olalla e Hiromi, unha parella de lesbianas que fan o Camiño de Santiago xuntas.


Dúas recomendacións lectoras para celebrarmos lendo o Día dos Namorados máis aló dos moldes do amor heterosexual e romántico.

 

VIDAL PORTABALES, Ignacio, Lara e Sabela,(XXVI Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey), Xerais, Vigo, 2020, 175 pp.

MEIXIDE, Carlos, Camiño de paixóns, (Premio de novela Camiño de Santiago, 2018), Galaxia, Vigo, 2019, 138 pp.

Amor máis aló da literatura

Amor de poesía

amor de poesía

"La paz": un conto de Emilia Pardo Bazán

No 170 aniversario do nacemento de Emilia Pardo Bazán e no centenario do seu pasamento propomos a lectura do seu conto "La paz" incluído nos seus Contos dramáticos.

Declarada la guerra entre los dos bandos enemigos, cada cual pensó en armarse. La elección de jefes no ofrecía dificultad: Pepito Lancín era aclamado por los de los bandos de la izquierda, y Riquito (Federico) Polastres, por los de la derecha. Merecían los dos caudillos tan honorífico puesto. Con su travesura y su viveza de ingenio inagotable, Pepito Lancín conseguía siempre divertir a los compañeros de colegio, discurriendo cada día alguna saladísima diablura y volviendo loco al catedrático de Historia, don Cleto Mosconazo, a quien había tomado por víctima. Ya le tenía dentro del tintero una rana viva; ya le disparaba con la cerbatana garbanzos y guisantes; ya le untaba de pez el asiento para que se le quedasen pegadas las faldillas del gabán; ya le colocaba un alfiler punta arriba en el brazo del sillón, donde el señor Mosconazo tenía costumbre de pegar con la mano abierta mientas explicaba a tropezones las proezas de Aníbal o las heroicidades de Viriato el pastor. Verdad que, después de cada gracia, Pepito Lancín «se cargaba» su castigo correspondiente: ya el tirón de orejas, ya el encierro a pan y agua, ya la hora de brazos abiertos o de rodillas, y cuando algún disparo de la cerbatana hacía blanco en la nariz del profesor, este recogía el proyectil y lo deslizaba bajo la rótula del delincuente arrodillado. Parece poca cosa estarse de rodillas sobre un garbanzo una horita ¿eh? ¡Pues hagan la prueba y verán lo que es bueno!

Le o conto enteiro premendo aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut