O escritor arxentino Ernesto Sábato é autor da novela Sobre héroes e tumbas, parafraseando este título presentamos Sobre mortos e tumbas, escolma de textos poéticos para lembrar, lendo, aos difuntos:
Para que o amor non só mellore as expectativas do comercio, para que incremente tamén as nosas capacidades lectoras, ofertamos estas lecturas do amor e con amor.
O amor non coñece fronteiras nin linguas, o amor é cidadán do mundo e políglota, por iso namorémonos coa lectura, leamos namorados en todo tempo e lugar, en calquera lingua.
Federico García Lorca, un dos poetas vítimas do canibalismo de 1936, é o autor dunha traxedia titulada Bodas de sangre. Así nomeamos a escolma de textos coa que lembramos os 75 anos do inicio da Guerra Civil e, de xeito especial, das súas funestas consecuencias nestas terras que rega o Miño xa próximo á súa desembocadura.
Naqueles días as augas do Miño ían tinguidas de vermello, levaban o sangue de mártires da xustiza e da legalidade.
Hoxe, 75 anos despois, non celebramos as vodas de prata daqueles cruentos sucesos, tampouco as de ouro, son as vodas de sangue, do sangue espallado en defensa das liberdades.