Skip to Content

Abril 2018

"Entre tonos de gris" de Ruta Sepetys

Entre tonos de gris

de

Ruta Sepetys

Corre o mes de xuño de 1941 en Kaunas (Lituania). Lina, de quince anos, está a preparar o seu ingreso nunha escola de arte. Ten por diante todo un verán cheo de posibilidades para unha moza da súa idade. De súpeto unha noite, a plácida vida dela e a da súa familia librocambia cando a policía secreta soviética irrompe na súa casa deténdoa xunto coa súa nai e o seu irmán. O seu pai, un profesor universitario, desaparece a partir dese día. Lina relata a longa e ardua viaxe que emprenden, xunto a outros deportados lituanos, ata os campos de traballo de Siberia. A súa única vía de escape é un caderno de debuxo onde plasma a súa experiencia, coa determinación de facer chegar ao seu pai mensaxes para que saiba que seguen vivos. Tamén o seu amor por Andrius, un mozo ao que apenas coñece pero a quen non quere perder, lle infunde esperanzas para seguir adiante. Este é o inicio dunha longa viaxe que Lina e a súa familia terán que superar valéndose da súa incrible forza e vontade por manter a súa dignidade. Pero é suficiente a esperanza para mantelos vivos?
 
 

Le aquí o inicio da novela

faladorio CLUB MANGA E ANIME

Libros e música

Lecturas musicais para o Día do Libro

Abecedario do libro

Máis información poñéndose sobre as palabras da video-presentación

María Victoria Moreno: pioneira da LIX galega

 

 

A LIX en galego non pode esquecer as contribucións de María Victoria Moreno:

 

 



by Dr. Radut