Curso 2010/11

Noite na Biblio 2010

O día 2 de novembro, e conmemmorando o día das bibliotecas, volveuse a repetir, como en anos anteriores, unha quedada pola noite na biblioteca do centro.

Participaron alumnos de tódolos cursos de ESO, acompañados polas responsables da biblioteca e outros profesores.

Fixéronse diversas lecturas, concursos e ata un pequeno concerto en acústico a cargo do grupo de alumnos do centro "Poet´s silence".

Picando en calquera das fotos, podedes acceder a unha selección de fotos do acto.

 

 

  
  

 

Concurso de Videopoemas

As bases do citado concurso son as seguintes:

  1. Poderá participar todo o alumnado do IES Río Cabe. Cada participante poderá presentar o número de traballos que desexe.
  2. O tema será libre e consistirá nunha fusión de vídeo e un poema escrito, con ou sen voz. Pode integrarse música.
  3. Cada videopoema terá unha duración máxima de catro minutos. A gravación pode ser realizada con teléfono móbil, cámara dixital ou videocámara, debe ser original e inédita. Poderá ser montado con calquera programa de edición dixital. O texto estará en galego. 
  4. O videopoema entregarase nun cd ou dvd sen datos persoais escritos nel, agás o título. Nun sobre á parte que levará escrito o mesmo título incluiranse os datos do autor (nome, apelidos, número, curso, grupo).
  5. Os traballos presentaranse nun sobre pechado co título escrito na parte dianteira do devandito sobre. Nel tamén se incluiranse o cd ou dvd que levará escrito o título e, nun sobre pequeno e pechado, introducirase  un folio que indicará o nome, apelidos, curso e grupo do autor.
  6. Os participantes entregarán os seus traballos ós profesores de Lingua Galega nas súas respectivas aulas.
  7. O prazo de presentación rematará o 21 de decembro de 2010.
  8. Establécense os seguintes premios:
  • ESO: o 1º premio será agraciado con 30 euros e o 2º premio con 20 euros.
  • BAC: o 1º premio será agraciado con 30 euros e o 2º premio con 20 euros.
O fallo do xurado, que estará constituído polos profesores do Departamentos de Lingua e Literatura Galegas e de Debuxo,  e a entrega de premios terán lugar o día da celebración de  Santo Tomé. Os premios poden quedar desertos.

 

 

 

 

Concurso de Caligramas

O equipo de Normalización Lingüística do IES Río Cabe, coa colaboración dos departamentos de Debuxo e Língua e Literatura Galegas, convoca un concurso de caligramas e/ou textos icono-verbais.

Premendo na imaxe podes descargar o arquivo no que se describen as bases do citado concurso.

 


 

Atropa de Trapo

A tropa de trapo repre4sentou o día 10 de Novembro o seu espectáculo Coas mans abertas para os alumnos de 2º de BAC do centro. Contáronnos tres historias que falan de ilusión, de esperanza, de solidariedade, envoltas en sorrisos. A continuación, os rapaces e rapaza participaron nun taller conducido polos integrantes do grupo.

 

  
 

 

Magosto Novembro 2010

O EDNL organizou o pasado 29 de outubro un magosto cos alumnos e alumnas de 1º de BAC. Aínda que o tempo non acompañou, pasamos unha tarde agradable ó ritmo do lume que nos ía brindando o clásico churrasco seguido das inevitables castañas, todo delicioso grazas ó toque dun mestre das brasas, Casto.

 

A comida foi un bo pretexto para que os rapaces e rapazas, algúns xa veteráns no centro, outros,  acabados de chegar, se acaben de coñecer e collan folgos para a andaina académica que acaban de iniciar.

 

 

 


  

 

Programa de actividades 2010/11

Os compañeiros da equipa de Normalización Lingüística xa teñen o
programa de actividades para éste curso académico 2010/11. Conforme
vaian programándose as actividades, irá aparecendo en Eventos a data na que se fará.

Igualmente, podedes acceder á programación anual en formato PDF picando no seguinte enlace:

PROGRAMACION ANUAL


Intercambio con Francia 2010/11

Un grupo de 40 alumnos do instituto Saint Sebastien de Landerneau (Francia), acompañados por tres profesores, acaban de pasar unha semana en Monforte de Lemos, con motivo do intercambio escolar realizado por éste centro e o IES A Pingela. O intercambio leva funcionando dende hai 17 anos e está organizado polo departamentos de Francés dos centros organizadores.

Estiveron na cidade de Monforte de Lemos, vivindo en casa de familias de alumnos do instituto. Visitaron a cidade de Ourense, as Termas, fixeron un tramo do camiño de Santiago, foron a Santiago de Compostela, e asistiron ás clases no IES Río Cabe.

Todo resultou moi ben e devolverémoslle a visita a Francia no més de Abril.

Picando no seguinte enlace, podedes ver unha selección de fotos do intercambio cultural.

    


Magosto 2010

O día 5 de Novembro, durante o recreo, tivo lugar no centro un magosto realizado por Vicente, o encargado da cafetería, para tódolos membros da comunidade escolar.
Picando na foto, podes acceder á galería de fotos do magosto.
  
 
 

Traballos de Ciencias para o Mundo Contemporaneo

Dende o seguinte enlace, está dispoñible o arquivo en formato word para os alumnos de ciencias para o mundo contemporaneo que teñen que realizar o traballo de clases.

DOCUMENTO


Menú do Comedor do IES Rio Cabe. Curso 2010-11

Con motivo do comezo do curso académico, os encargados do comedor poñen á disposición da cominidade educativa unha relación do menú escolar que se dará durante o outono e o inverno.

O documento está en formato PDF e pode descargarse dende o seguinte enlace: Menú comedor.

Igualmente, podedes ver como quedaron as instalacións do comedor do instituto, logo das reformas efectuadas no centro durante o vrao pasado.

 

 

 


Distribuir contido