Curso 2010/11

Material didáctico de Física e Química. Bacharelato de adultos

Dende o enlace do departamento de Física e Química pódense descargar as diferentes unidades didácticas (material de clases, boletíns de problemas, laboratorio, ...) referentes ás asignaturas de Física e Química de 1º BAC e Química de 2º BAC. Tódolos arquivos están comprimidos en formato RAR. Non necesitan clave para descomprimilos.


Material didáctico de Filosofía. 2º de Bacharelato de adultos

No enlace do departamento de filosofía colocaranse diveso material de clases (actividades e unidades didácticas) para descargar, e dirixido ao alumnado matriculado en bacharelato de adultos semipresencial.

PRESENTACIÓN DE BACHARELATO E CICLOS OS DÍAS 20,22 E 23

A presentación do curso escolar para o resto dos cursos será a seguinte:

  • 20 de Setembro: Presentación de Bacharelato Diurno.

12:00. Presentación do Director aos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato, no Salón de Actos do instituto.

12:15. Presentación dos titores de cada grupo de Bacharelato nas aulas correspondentes

  • 22 de Setembro: Presentación de Bacharelato de Adultos, Educación secundaria de adultos (ESA), Ciclo de Futbol Nivel I e II e Ciclo de Turismo. O acto celebrarase no salón de actos do instituto ás 18:00 horas.
  • 23 de Setembro

11:00. Presentación do Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas.

12:00. Presentación do PCPI.


PRESENTACIÓN ESO 17/09/2010

1º ESO: ás 8:45 horas

Lugar: salón de actos.

O Director recibirá aos alumnos/as que se incorporan éste ano ao noso centro en 1º da ESO e ás súas familias no Salón de actos do centro.

Despois, subirán os alumnos/as á aula que lles corresponda, acompañados polo seu titor/a.

Para rematar, pasarán pola cafetería onde serán convidados a almorzar.

O transporte recollerá aos alumnos ás 10:30 horas.


 

2º/3º/4º ESO: ás 9:30 horas

Lugar: Aula correspondente.

Os titores recibirán aos alumnos/as na aula que lles coprresponda. 

Despois, irán ao Salón de actos para recibir a benvida do Director. 

Para rematar, pasarán pola cafetería onde serán convidados a almorzar.

O transporte recollerá aos alumnos ás 10:30 horas.


 

Distribuir contido