Parabéns do coordinador do Proxecto Terra ao alumnado participante no traballo sobre a alameda de Ponte Caldelas

Deixamos aquí o pantallazo da web Redeiras da Consellería de Educación onde o coordinador do Proxecto Terra, José Manuel Rosales, dá a súa opinión sobre o traballo realizado polo alumnado de 3º ESO ao longo do 2º e 3º trimestre deste curso sobre a alameda de Ponte Caldelas.

PONTENABIBLIO.Boletín de lecturas para verán 2013-2014

Xa a piques de rematar o curso, e como xa é habitual nestas datas, dende a Biblioteca recomendámosvos unhas lecturas para que vos entreteñades no verán.


Bo verán e boas lecturas.


boletin

Licitación da cafetaría do IES Ponte Caldelas

17/06/2014 08:28

O IES de Ponte Caldelas anuncia a oferta de xestión e explotación da cafetaría do IES Ponte Caldelas para o período comprendido entre o 1 de setembro de 2014 e o 30 de xuño de 2015, período da actividade académica do curso 2014-2015.

Memoria de proxectos e actividades ao longo destes 16 anos de vida do IES de Ponte Caldelas

Nesta liña do tempo podemos ollar unha escolma de proxectos memorables que nalgún momento foron desenvolvidos polo profesorado do IES de Ponte Caldelas. Son xa moitas as xeracións de mozos e mozas que pasaron polo centro e uns cuantos profesores e profesoras os que deixaron a súa pegada na historia educativa do instituto. Con esta entrada queremos que os novos membros da comunidade educativa e os que xa levan anos teñan a man unha breve memoria do que se fixo no pasado co propósito de que o futuro do centro siga igual de activo.

VAL DOS LIBROS. TOCA LEMBRAR...

03/06/2014 20:40

A piques xa de rematar o curso, toca lembrar co seguinte vídeo a experiencia dos nosos clubes de lectura.

 

FELIZ VERÁN E QUE O VINDEIRO CURSO CHEGUE CARGADO DE NOVOS LIBROS E LECTORES.