O GALEGO, O PASO ADIANTE: PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA 2014

O IES Ponte Caldelas, como xa ven sendo tradicional, participou na edición do Correlingua 2014 que este ano levaba como lema as palabras dun poema  de Xosé María Díaz Castro, "O galego, o paso adiante". A  nosa representación contou con máis de medio cento de alumnos e alumnas de 1ºESO  que percorreron as rúas de Pontevedra levando  faixas con lexendas alusivas á lingua como "Na casa e na escola, o galego  mola" "Falemos como galeg@s", etc. Ao remate do acto o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra , e profesor do IES Ponte Caldelas Demetrio Gómez , agasallounos ao igual que aos outros centros cun lote de libros en galego. Foi unha xornada festiva que serve para concienciármonos da importancia que ten a transmisión da lingua tamén á xente moza.

O GALEGO, O PASO ADIANTE: PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA 2014

2 de maio, día non lectivo, e exames de pendentes.

 

Lembrámoslle á comunidade educativa que o venres día 2 de maio é un dos dous días non lectivos no IES de Ponte Caldelas (DOG 6/xuño/2013).

Entre o 6 e o 9 de maio celebraranse os exames de pendentes. O calendario dos mesmos será entregado estes días ao alumnado con materias pendentes.

Participación de alumnado de 4 ESO no Rally matemático

Un grupo de 8 alumnos e alumnas desprázaronse o pasado venres 28 de marzo ao Campus sur de santiago de Compostela para participaren na fase galega do II Rally ciéntifico e matemático sen fronteiras, logo de teren superado unha primeira fase no IES de Ponte Caldelas.

Esta actividade ten como obxectivo promover a ciencia e as matemáticas entre os estudantes, demostrar que estes temas non están reservados para a elite, son atractivos e accesibles para todos, favorecer o traballo colaborativo, vivir as ciencias e matemáticas valorando imaxinación, dinamismo e creatividade e abrir as fronteiras e participar nun mesmo concurso de Ciencias e Matemáticas con alumnado doutros países.

Noraboa a estes alumnos e alumnas, polo seu entusiasmo e participación, e á profesora Catarina Quintana que coordinou esta actividade.

L'Avare