ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2024_2025

RESERVA DE PRAZA CURSO 24_25

Tódalas solicitudes de reserva de praza no noso IES para o curso 24_25 foron admitidas. Poden consultarse as listaxes no taboleiro de anuncios do centro. Tamén na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Neste caso, precísase o código de solicitude e a documentación de identidade dun dos responsables do menor.

 

MENÚ COMEDOR OUTUBRO 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de outubro de 2024. (Para velo abrir o adxunto)

Calendario de exames 1º e 2º ESO

04/10/2024 10:17

Nos arquivos axuntos pódese ver o calendario de exames da primeira avaliación dos grupos de 1º e 2º ESO.

PRESENTACIÓN DO CURSO ÁS FAMILIAS

19/09/2024 18:08
24/09/2024 00:00

O vindeiro luns 23 de setembro terá lugar a presentación do curso ás familias. Seguiremos o seguinte horario:

 

  • 1º ESO: 18:15 horas
  • 2º 3º ESO: 19:00 horas
  • 4º ESO: 19:30 horas
  • 1º e 2º de Bach: 20:00 horas

 

En primeiro lugar reuniremos ás familias no salón de actos. O equipo directivo e a orientadora darán unha serie de indicacións de carácter xeral. Despois as familias subirán co titor ou titora correspondente á aula do grupo.

 

Agardamos vervos a todos na reunión.

 

Un saúdo.

 

O equipo directivo do IES de Ponte Caldelas.