MENÚ COMEDOR SETEMBRO 2024

Menú base e dietas especiais do comedor correspondentes ao mes de setembro de 2024. (Para velo abrir o adxunto)

INFORMACIÓN SOBRE TAQUILLAS CURSO 24/25

13/09/2024 09:21

No ficheiro adxunto infórmase sobre as normas de funcionamento do servizo de taquillas para o curso 24/25.

INICIO CURSO 2024/2025

As familias e alumnado poden consultar nos arquivos adxuntos, segundo o curso que se vaia cursar, información sobre o inicio do curso 2024/2025 no IES Ponte Caldelas.

PRAZAS LIBERADAS FP 2024-2025

Achegamos un enlace con información das prazas dispoñibles para cursar módulos de FP durante o curso 2024-2025.

 

O prazo de matrícula é do 2 de setembro ás 9:00 ao 5 de setembro ás 13:00.

 

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo ou curso de especialización teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase no propio centro por orde de chegada.

 

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-2024-2025-prazas-liberadas

DATAS DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE FONDOLIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

Mañá xoves 11 de xullo publicaremos no taboleiro do centro a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído para o Fondo Solidario de Libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar da Xunta de Galicia. O prazo de reclamacións é de dous días hábiles contados a partir do seguinte día da publicación de listaxes. Ademais o 26 de xullo publicaremos no mesmo sitio a listaxe definitiva, que inclúe o listado de libros que se prestan a cada alumno/a.