Acto en lembranza da profesora Margarita Sánchez Reboredo

O vindeiro luns día 2 de xuño no IES de Ponte Caldelas celebraremos un acto de lembranza da profesora de Lengua española, Margarita Sánchez Reboredo.

Pola mañá realizarase o concurso de ortografía, que desde este ano levará o nome da homenaxeada. Pola tarde o acto desenvolverase durante o horario escolar (das 16:15 ás 17:55) e ábrese a toda a comunidade educativa, á que convidamos a participar.

CartelOrtografia

 

LEVAMOS A FESTA DA LINGUA ÁS RÚAS DE PONTE CALDELAS

No IES Ponte Caldelas vimos de celebrar a Festa da Lingua. Como novidade,  dicir que nesta ocasión quixemos saír dos muros do instituto, para facer deste xeito a festa visíbel na rúa e na vila; contamos para elo coa colaboración do Concello que instalou o  palco e a megafonía. Na Festa tamén participaron alumnado de 6º do colexío Manuel Cordo Boullosa, que cantaron as súas coplas de maios.

Saímos do instituto facendo un pasarúas dirixído por un grupo de gaiteir@s,  todos eles alumnos do instituto. Diante unha faixa rezaba: "Na casa e na escola , o galego mola".  Logo sucedríanse actuacións moi variadas:  poesía, música tradicional, hip-hop,big-box, baile moderno , etc. Agardamos que esta festa se consolide  os vindeiros anos, e que entre tod@s fagamos que a lingua teña 365  días de festa.

 LEVAMOS A FESTA DA LINGUA  ÁS  RÚAS DE PONTE CALDELAS

Os nosos alumnos e a filosofía


Felicitamos a Lara Garrido Seoane e Martín Garrido Ventín estudantes de 2º Bacharelato polo bo traballo feito para a materia de Historia da Filosofía  en referencia ao tema "A Filosofía Moderna: Descartes, Locke e Hume" e que serve para entender mellor o contrato social e a figura de Locke.

O GALEGO, O PASO ADIANTE: PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA 2014

O IES Ponte Caldelas, como xa ven sendo tradicional, participou na edición do Correlingua 2014 que este ano levaba como lema as palabras dun poema  de Xosé María Díaz Castro, "O galego, o paso adiante". A  nosa representación contou con máis de medio cento de alumnos e alumnas de 1ºESO  que percorreron as rúas de Pontevedra levando  faixas con lexendas alusivas á lingua como "Na casa e na escola, o galego  mola" "Falemos como galeg@s", etc. Ao remate do acto o concelleiro de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra , e profesor do IES Ponte Caldelas Demetrio Gómez , agasallounos ao igual que aos outros centros cun lote de libros en galego. Foi unha xornada festiva que serve para concienciármonos da importancia que ten a transmisión da lingua tamén á xente moza.

O GALEGO, O PASO ADIANTE: PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA 2014

2 de maio, día non lectivo, e exames de pendentes.

 

Lembrámoslle á comunidade educativa que o venres día 2 de maio é un dos dous días non lectivos no IES de Ponte Caldelas (DOG 6/xuño/2013).

Entre o 6 e o 9 de maio celebraranse os exames de pendentes. O calendario dos mesmos será entregado estes días ao alumnado con materias pendentes.