Licitación da cafetaría do IES Ponte Caldelas

17/06/2014 08:28

O IES de Ponte Caldelas anuncia a oferta de xestión e explotación da cafetaría do IES Ponte Caldelas para o período comprendido entre o 1 de setembro de 2014 e o 30 de xuño de 2015, período da actividade académica do curso 2014-2015.

 

CONDICIÓNS:

  1. O prazo de duración deste contrato menor non pode ser superior a un ano nin pode ser obxecto de prórroga.
  2. O canon mínimo esixible é de 417,50 € polo período de contrato. O contratista deberá ademais asumir participar nos gastos de consumo correspondentes á calefacción e electricidade do centro educativo.
  3. O/a adxudicatario/a achegará todo o equipamento. (vaixela, neveira, cafeteira, mesas e cadeiras....)
  4. Esta folla de aviso de licitación vai acompañada dunha folla de especificacións técnicas así como dun conxunto de 17 páxinas onde figuran de xeito detallado os requisitos establecidos e a documentación (anexos) que debe presentar quen desexe optar a esta licitación.

 

LUGAR E PRAZO DE ENTREGA.

Os licitadores interesados deberán entregar as súas propostas na secretaría do IES Ponte Caldelas en horario de 9:30 a 14:00, de luns a venres, entre o 17 e o 30 de xuño.

A resolución da licitación darase a coñecer no IES Ponte Caldelas antes do 8 de xullo de 2014.

           

AdxuntoTamaño
FOLLA ESPECIFICACIÓNS TÉCNICAS.doc62 KB
anexos licitación.doc9.12 MB