Proxectos

Os coles de primaria de Ponte Caldelas veñen de visita ao Monte Vivo

26/04/2024 06:26

Os coles de Ponte Caldelas: CEIP Plurilingüe A Reigosa e o CEIP Cordo Boullosa, viñeron de visita ao IES de Ponte Caldelas, a visitar concretamente o proxecto do Monte Vivo. 

O alumnado de 4º ESO actuaron de monitores e serviron de guías para os pequenos dos coles. 

A actividade consitíu nun encontro realizado no póster que está situado na entrada do IES, facendo grupos entre o alumnado de ambos centros, unha visita recorrendo os lugares emblemáticos e as árbores máis abundantes, identificando os máis importantes, e , finalmente, cumplimentar unha serie de retos que levaban preparados os guias. Ao remataren os retos, de premio repartíronse unhas gominolas.

                                                                                                 

Podes informarte mellor na web do Monte Vivo Actividades de monte vivo no curso 23/24 - Página web de isabeltorres (jimdofree.com)

Actividades do Proxecto Comunidade

25/04/2024 08:18

Neste artigo, presentamos as actividades que estamos a realizar no IES dende os departamentos de Tecnoloxía, Plástica, Lingua e Historia no Proxecto Comunidade. Os traballos presentados son resultado dun proceso que comeza no inicio do curso coa recollida de información nas familias. Con esa información elaboramos produtos visuais, debuxos e imaxes, e audibles, pod-cast. Moitos dos debuxos atópanse expostos no hall do IES. Os pod-cast están publicados en Radio Nova, radio da Lama e en Ponte nas Ondas.

                          

Tamén temos unha web onde se poden visualizar todos os traballos. Proxecto comunidade - Página web de isabeltorres (jimdofree.com)

 

E os pod-cast están nos seguintes enlaces: https://escolasnasondas.com/proxecto-comunidade-do-ies-de-ponte-caldelas/

Ou tamén os podes escoitar en Radio Nova: (8) RADIO NOVA - ESTUDIANTES DO IES DE PONTE CALDELAS LÁNZANSE ÁS... | Facebook

Deixo, asi mesmo, algún pod-cast:https://on.soundcloud.com/Zxm3cRDx9zyiDVL56

 

Charla sobre Toponimia no IES de Ponte Caldelas.

21/02/2024 12:52

Hoxe, día 21 de febreiro, tivemos a honra de recibir no noso centro a Vicente Feijoo, membro da RAG, para falarmos da importancia da conservación dos topónimos e da aplicación que nos pode axudar a engadir topónimos dos nosos pobos, Galiza Nomeada. Animamos ás familias a participar nesta divertida actividade, que sólo precisa dun móbil e gañas de introducir nesta aplicacións topónimos que poden chegar a perderse caso de non seguir utilizando. Galiza Nomeada é unha aplicación moi doada de utilizar. Na aula de Dixitalización en 4º ESO imos introducir topónimos que non están incluidos. Cada alumno do seu pobo ou lugar. Micro e macro topónimos. 

O IES de Ponte Caldelas seleccionado como centro "Ponte nas Ondas" modelo de boas prácticas co Patrimonio.

17/01/2024 06:02

O IES de Ponte Caldelas foi recentemente seleccionado xunto con outros 19 centros educativos galego, na convocatoria definitiva de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24. 

O Patrimonio Cultural Inmaterial ou patrimonio vivo é unha herdanza dos antepasados que se transmite aos sucesivos descendentes e nel inclúense, segundo a UNESCO, as tradicións orais, as artes do espectáculo, os usos sociais, os rituais e actos festivos, os coñecementos e as prácticas relativas á natureza e ao universo, e os coñecementos e técnicas vencelladas á artesanía tradicional. Trátase dun patrimonio que infunde un sentimento de identidade e continuidade e que promove a cohesión social, o respecto pola diversidade cultural e a creatividade humana. Ademais, axuda ás comunidades a construír sociedades resilientes, pacíficas e inclusivas.

Este centro educativo caracterízase por realizar investigacións sobre o patrimonio da comarca dende hai moitos anos. O noso alumnado habitualmente fai entrevistas ás familias para recoller información do que ocurría noutras épocas, de ferramentas, de bailes, de cantares, sucesos históricos, a guerra civil... Con toda esa información adoitamos realizar traballos creativos, debuxos, vídeos, pod-cast que reflexen dun xeito divertido e moderno unha historia valiosa que tratamos de manter viva ou cando menos de recordala. Nas webs recollemos eses procesos para que toda a comunidade educativa teña acceso a esa información. web MEMORIA

PARTICIPACIÓN NO PROXECTO “O MONTE VIVO” CURSO 2021/2022

O equipo de profesorado do proxecto “O Monte Vivo” dávos a benvida ás familias e comparte o entusiasmo con vós por mellorar o noso entorno e volvelo menos vulnerable fronte ao lume.

Todos e todas coñecemos a situación de fraxilidade do medio ambiente que nos rodea e o que periga para as nosas xeracións futuras. Un dos máximos riscos nesta comarca, que abarca os concellos de A Lama, Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, é o do lume que arrasa coa vexetación deixando os solos empobrecidos e plagados de invasoras pirófitas como a acacia e o eucalipto.

O noso proxecto nace despois dos lumes de outubro de 2017 para evitar que volva a ocorrer dando unha solución á xestión do noso territorio, sempre co apoio da comunidade de montes de Cuñas.

No proxecto eliminamos pirófitas e plantamos un bosquete de autóctonas, carballo, bidueiro, érbedo, acivro, sobreira e sabugueiro, apoiados polo profesorado e alumnado da Escola de Capataces Forestais de Lourizán que se brindan a servirnos de apoio técnico.

Outra parte do proxecto consiste en aprender a xestionar o territorio con ferramentas informáticas (visor da Xunta) polo que vos pediremos información respecto á referencia catastral das fincas da familia para que aprendan a localizalas e medilas. Así mesmo recollemos patrimonio polo que traballaremos con fotos e gravacións co móbil e entrevistas de recollida da oralidade.

Neste curso 21/22 participamos en Voz Natura co deseño e marcaxe dun camiño por esta área de custodia.

Podes seguir as nosas actividades visualizando este vídeo https://vimeo.com/387417308, ou navegando pola nosa web https://isabeltorres.jimdofree.com/.

En breve realizaremos unha actividade conxunta facendo equipos entre o alumnado de 2º da ESO e o alumnado de Lourizán, que actúan como monitores, repoñendo  árbores e eliminado pirófitas. Traballaremos os mércores 27 de outubro e 3 de novembro.
Moitas gracias pola vosa colaboración.