Os coles de Ponte Caldelas: CEIP Plurilingüe A Reigosa e o CEIP Cordo Boullosa, viñeron de visita ao IES de Ponte Caldelas, a visitar concretamente o proxecto do Monte Vivo.
O alumnado de 4º ESO actuaron de monitores e serviron de guías para os pequenos dos coles.
A actividade consitíu nun encontro realizado no póster que está situado na entrada do IES, facendo grupos entre o alumnado de ambos centros, unha visita recorrendo os lugares emblemáticos e as árbores máis abundantes, identificando os máis importantes, e , finalmente, cumplimentar unha serie de retos que levaban preparados os guias. Ao remataren os retos, de premio repartíronse unhas gominolas.
Podes informarte mellor na web do Monte Vivo Actividades de monte vivo no curso 23/24 - Página web de isabeltorres (jimdofree.com)