Publicado o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Benvidxs a todxs chicxs!
Todos os alumnos de 2ºA, 2ºB e 2ºC están invitados a participar nesta actividade, que forma parte do taller de Prevención de Violencia de Xénero. Esta idea xorde do desexo de refleixonar, máis alá dos 50 min de sesión, sobre todo o que imos traballar nestas seis semanas.
Requisitos: Ter 17 anos ou cumprilos no ano 2016.
Presentar solicitude do Anexo I do DOG 11/02/2016 en calquera centro de Formación Profesional. O prazo de presentación abrangue do 4 ao 15 abril.
A data de realización é o 25 de maio.
Requisitos: Ter 19 anos ou cumprilos no ano 2016.
Presentar solicitude do Anexo II do DOG 11/02/2016 en calquera centro de Formación Profesional. O prazo de presentación abrangue do 15 ao 26 febreiro.
O Departamento de Orientación do centro pon a vosa disposición o programa "Orienta 2015-2016", para axudarvos na vosa toma de decisión académicas e profesionais.
Este programa traballarase no centro coa orientadora pero tamén podedes descárgalo no teu ordenador da casa.
Para instalar o programa no teu ordenador en windows, descargate o arquivo, descomprimeo e entra na carpeta que executa o ficheiro "OrientaInternet...........exe".
De todos xeitos, se tes dúbidas, consulta coa orientadora.
Dirección en Internet:
www.elorienta.com/numerounoestrada
O xoves 12 de abril ás 20:00 h, no Museo do Moble a da madeira (mom, Avda. Benito Vigo da Estrada), realizarase un relatorio baixo o título "Alcol e Adolescencia" impartido por Manuel Isorna Folgar (Doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela).
"Máis da metade dos adolescentes que consumen alcol desenvolverán depencia"
Presentamos a nova edición da GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL Actualizada coas novidades e variacións máis recentes
Xa tedes a vosa disposición o blog de orientación do centro, onde atoparás información de interese para elaborar o teu itinerario académico-profesional. Para calquera aclaración, non dubides en acudir ao departamento de orientación do centro. Lembrade que a orientadora está a vosa disposición en todos os recreos e nas horas de titoría (previa autorización dos titores/as).
Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010/2011.
Os anexos que se xuntan poden descargarse ao ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |