Benvidxs a todxs chicxs!
Todos os alumnos de 2ºA, 2ºB e 2ºC están invitados a participar nesta actividade, que forma parte do taller de Prevención de Violencia de Xénero. Esta idea xorde do desexo de refleixonar, máis alá dos 50 min de sesión, sobre todo o que imos traballar nestas seis semanas.
Nesta plataforma irei subindo algúns documentos que nos invitarán a pensar e ser críticos. Pídovos a máxima participación para poder facer desto unha ferramenta útil para nós.
¡¡¡O máis importante son os vosos comentarios!!!
Os documentos contarán cunha breve introducción e un espazo para a recollida das vosas ideas, que poden ser anónimas. (E ocupar o número de follas que consideredes oportuno). Cando teñades comentado no documento, realizarei unha reflexión final sobre o recollido.
Tamén vos recomendarei películas, videos e lecturas para o voso tempo libre :)
Durante as sesións nas que nos vemos, faremos un seguimento destos contidos.
Anímovos a escribir e reflexionar para así poder profundizar máis nestas cuestións, aprender e sobre todo, ser crítico para así poder mellorar o mundo que nos rodea.
¡¡Estou segura de que este será un espazo precioso do que aprenderemos moito!!
Calquera pregunta ou dúbida con respesto a esta ferramenta, os contidos do curso, ou outras cuestión, contactade conmigo en: lara.fuentes.enjamio@gmail.com
Lara F.E