Despedida do curso nas Illas Cíes

23-24 fin de curso nas CIES

Nas Cíes descubrimos a pericia das aves
e a medida celeste onde reside a luz.
Bañámonos nas ondas
a compartir sulagos con dóciles palmípedas.

 Luz Pozo Garza

Este venres 22 de xuño o alumnado e o profesorado despediron o curso cunha excursión ás Illas Cíes, un espazo privilexiado para compartir unha xornada de convivencia e amizade  e para nos desexar un bo verán e unhas merecidas vacacións.

Vémonos á volta!