Este venres ás 20.30h, no Teatro Principal, tivo lugar unha nova edición do Parladoiro das Letras coa presenza da escritora Ledicia Costas. O acto contou coa colaboración de alumnos e alumnas dos distintos centros educativos do municipio, entre eles o noso, o IES Nº1. Uxía Seoane e Jéssica Afonso participaron na entrevista á autora, cunha interesante pregunta sobre o libro Infamia, que foi o libro máis lido nos clubs de lectura de Galicia na ESO durante o curso 2019-2020. Se queres desfrutar da magnífica obra desta escritora, pasa pola Biblioteca: alí atoparás todos os seus títulos!
|
|||