slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

INFORMACIÓN FP

       

ERASMUS+

 

 

 

 

                 

 

Actividades de Primavera en Bioloxía

O alumnado de 1º de ESO e de 1º de bacharelato aproveitou os dias solleiros do mes de abril para realizar as súas prácticas de botánica. Este ano centráronse en dous temas concretos:

- Identificación de liques

- Uso de claves para determinación de plantas Cormofitas.

- Elaboración dun caderno de campo

Non tódolos anos nos resulta tan doado o noso xardín para este tipo de prácticas. Pero, nesta ocasión, traballouse ben a gusto. A nosa “oficina” foi o noso propio xardín. Sen saír dela traballouse  fluída e eficientemente. Compartimos link do álbum por se queredes baixar as fotos

Taller Maquillaxe con Aerógrafo

O día 6 de maio deste 2019 terá lugar no Taller nº 2 durante toda a mañá un "Obradoiro de Maquillaxe con Aerógrafo" para o alumnado de 2º de FP Básica de Peiteado e Estética e para o do 1º CM de Estética e Beleza.

O obradoiro estará a cargo de K-PPEL, empresa de prestixio no campo dos produtos de peiteado e estética) organizado polas profesoras Rosa Álvarez e Carla Mujico e implicando tamén ao seguinte profesorado: Ángeles Domínguez, Mercedes Sáenz, Beatriz Corbacho e Ana Campaña

 

Novas imaxes da inauguración da Biblioteca

O profesorado de Lingua Galega e Lengua Castellana veñen de compartir novas imaxes da fermosa inauguración da Biblioteca do Lamas de Abade o pasado día 23. 

Algunhas delas están publicadas no Instagram "adeGalego". Animádevos a pulsar en "seguir" e poderedes acceder sen problema a ver as fotografías pulsando nas iconas de Instagram da liña inferior:

 Lectura continuada 1       Lectura Continuada 2 

A outra posibilidade é a de voltar a consultar o noso álbum de google photos.

Non digades que non se vos ofrecen posibilidades :)

Concerto Didáctico Orquestra de Malabares

Concerto Didáctico no Auditorio de Galicia organizado polo Departamento de Música para o alumnado de 2º A e B e 3ºA da ESO. A actividade estará desenvolvida pola Orquestra de Malabares que busca a unión entre o mundo do Circo e as tradicionais Bandas Municipais de Música. A actividade terá lugar en horario de 9:30 a 12:00 da mañá. Deixamos Link para as persoas que desexen máis información

Visita Santa Eulalia de Bóveda e Castro de Viladonga

  

O alumnado de 1º da ESO (grupos A e B) visitará a cidade de Lugo e os seus arredores nunha actividade de colaboración entre os Departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Inglesa e Lingua Castelá. No marco temático da Historia Antiga de Galicia visitarán Lugo, Santa Eulalia de Bóveda e o Castro de Viladonga o vindeiro 30 de abril durante toda a xornada. Estarán acompañados por Guadalupe Rodríguez, Alicia Romero, Mª Carmen García e Antonio Tizón.

Semana Cultural IES Lamas de Abade

 

 Para rematar o día de hoxe con ese grupo de apuntamentos culturais que anunciamos nas novas anteriores, comunicarvos que do 23 ao 26 de abril celebraremos a Semana Cultural do Lamas de Abade co título "InmigrACCIÓN: aproximación á crise dos refuxiados".

Podedes ver o programa completo da actividade pulsando neste link ou na imaxe que acompaña esta nova.

Obradoiro de extensión de pestanas

O día 25 de abril no Taller nº 2 terá lugar a celebración dun "Obradoiro de Extensión de Pestanas" para o 1º Ciclo Medio de Estética e Beleza a cargo da relatora Raquel (DVR). O profesorado implicado pola actividade: Asunción Crespo, Beatriz Corbacho e Carla Mujico.

Xa sabemos o que argallaban na Biblioteca do Lamas: INAUGURACIÓN SORPRESA!!!!

Xa se desvelou a sorpresa no Lamas: nese grupo de novas culturais está a gran novidade coa que inauguramos o 3º trimestre deste curso xa que este martes día 23 de abril, coincidindo coa celebración do día do libro, o Lamas de Abade ten programadas unha chea de actividades para celebrar esa efeméride, pero tamén a inauguración da nova Biblioteca na que estiveron a traballar nas últimas semanas.

A primeira actividade coa que queremos comezar esta nova etapa da Biblioteca será unha "lectura continuada" levada a cabo por todos os grupos de Educación Secundaria e algúns de Formación Profesional do noso Instituto.

Prometemos fotos dos eventos e da refulxente reforma da Biblioteca!. E tamén dende a web do Lamas, unhas palabras de agradecemento para todas e todos os que teñen axudado nesta tarefa que perdurará no tempo. Grazas por todo o voso tempo e esforzo. 

Compartimos as fotos que xa comezan a configurar o álbum dos actos de inauguración.

 

Galardón para Iria Estévez no VIII Premio Avelina Lamas

Retomamos a actividade despois das vacacións con varias novas culturais relacionadas co Lamas de Abade:

Para comezar, deixar constancia dunha nova que publicamos con gran orgullo: A nosa alumna Iria Estévez Colmenero ten sido galardoada cun segundo premio no VIII Premio Nacional Avelina Lamas organizado polo Instituto Ramón María Aller Ulloa de Lalín pola súa participación na sección de marcapáxinas. Absolutamente marabillosa a creatividade amosada nos traballos presentados. Parabéns enormes

    

Deixamos link a web do Instituto organizador do Certame así como a algunhas páxinas de xornais nas que se citan as persoas premiadas

Actividade Bodypainting

Dende o Ciclo Medio de Estética comparten unha fermosa iniciativa que é presentada polas persoas protagonistas:

El grupo de Ciclo Medio de Estética realizó justo antes de las vacaciones de Semana Santa un taller especial de “bodypainting” indicado para premamás y niños donde se realizaron distintos proyectos en relación a este tema, además de una atención al público personalizada teniendo en cuenta todas las atenciones especiales requeridas para estas situaciones tan particulares".

Tamén teñen compartido un fermoso álbum de fotografías.

Nota: Neste caso, por respectar a privacidade (aínda contando co consentimento das familias) temos optado por pixelar algúns dos trazos físicos dos menores de idade. Non obstante, aquelas familias ou persoas relacionadas coa actividade e interesadas nas fotografías orixinais poden poñerse en contacto co Centro para solicitalas. De igual maneira, se o que se desexa é a retirada dalgunha das imaxes pregamos que se poñan de inmediato en contacto coa Dirección do Centro para proceder co solicitado no prazo máis breve posible.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer