ADD MINUTES TO GET AN ACTIVE LIFE
(Suma minutos para gañar unha vida activa)
Aprender a facer ACTIVIDADE FÍSICA, a ter unha boa ALIMENTACIÓN, a ter un DESCANSO axeitado e a gozar da NATUREZA, son piares fundamentais da INTELIXENCIA EMOCIONAL.
O ESTILO DE VIDA: a clave da SAÚDE
Esta semana finalizamos o programa de reparto de froita fresca no centro, desenvolto ao longo de 10 días lectivos consecutivos en xaneiro e outros dez en maio.
O programa, subvencionado polo FOGGA (Consellería do Medio Rural), o Ministerio de Agricultura, Pesca e alimentación e a Unión Europea, tivo unha boa acollida entre o alumnado.
Este programa acompañou a outro tipo de actividades no centro que fan alusión á necesidade dunha alimentación saudable e unha vida activa de socialización evitando o sedentarismo e a inxesta de sustancias tóxicas como elementos indispensables para ter calidade de vida.
No IES Fraga do Eume séguese a “máxima” que anuncia que os factores de risco cara á saúde tenden a asociarse simultaneamente, aínda que ben é certo que as condutas saudables tamén veñen en cadea. Existe correlación, por exemplo, entre a práctica de actividade física ou falta dela e o consumo ou non de alimentos saudables e viceversa.
O pasado xoves o Pan Proxecta Deportivo de Centro presentaba unha actividade especial cun abano de sabores de gran colorido. O alumnado de 3º de ESO despois de suar a camiseta no recreo xogando ao baloncesto repuxo enerxías en base a tostas de verduras e salmón grile, ensalada de arroz e xarda, timbal de coliflor con salmón grego, tacos de piña con gambas e crema aceda, e“ smoothie” de laranxa e mango.
Parabéns para o profesorado e alumnado dos ciclos de hostalería, panadería e restauración pola exitosa organización da actividade.
O pasado luns 18 de xaneiro comezamos co reparto de froita fresca no centro que se desenvolverá ao longo de 10 días lectivos consecutivos en xaneiro e outros dez en maio.
Coa participación activa do alumnado, poñemos en acción distintas iniciativas de centro que tratan de influír con acerto naqueles patróns de conducta que repercuten na saúde das persoas.
Actuacións que baixo o lema “Código QC”,- goza coa química do teu cerebro -, fan alusión á necesidade dunha alimentación saudable e unha vida activa de socialización evitando o sedentarismo e a inxesta sustancias tóxicas como elementos indispensables para ter calidade de vida.
Neste entroido tivo lugar no IES Fraga do Eume a primeira edición do Festival EumeWood. O alumnado sacou a escena, nada máis e nada menos, que 20 películas. É de destacar a calidade das comparsas, que con coreografía incluída, animaron a mañá do pasado venres 21 de febreiro no noso espectacular centro de ensino secundario.
A película gañadora foi Flashdance, na que o alumnado de 1º ESO A soubo sacar partido á súa popular banda sonora con elementos de percusión e movementos de danza que nos trasladaron a mensaxe de que para que os soños se cumpran hai que perseguilos.
O segundo premio recaeu no alumnado de 2º ESO B, que con claqueta incluída, gravou tres películas: O Gran Ditador, Teen Beach Movie e Starwars.
Luces , cámara, acción...
Aquí tedes a gravación do festival.
O alumnado de 1º e 2º de ESO desprazouse ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas e ampliar coñecementos sobre as materias STEM e sobre as características da especie humana.
O comportamento exemplar por parte do alumnado, nun ambiente distendido e de estimulo pola curiosidade, fixo que a fotografía da xornada pasase ao álbum familiar do IES Fraga do Eume.
A ONG Save The Children convocounos o 20 de novembro a participar na XVI Carreira Qilómetros de Solidariedade para conseguir recursos e axudar aos nenos e nenas do pobo rohingya.
O rohingya é un pobo de case un milleiro de persoas que moraba no norte do estado de Rakhine, en Myanmar. Falan a lingua rohingya, un dialecto bengalí, e son de relixión musulmá nun estado budista. Myanmar négalles a cidadanía por consideralos inmigrantes bengalís e non birmanos, malia levaren séculos vivindo no seu territorio. Son unha das minorías étnica e relixiosa máis perseguidas do planeta.
Ao final da Carreira muntiplicamos os quilómetros simbólicos percorridos polo prezo fixado por cada un dos patrocinadores/as e recadamos un total de 692,00 euros.
Parabéns polo voso esforzo!!!
add MiNuTeS To GeT aCTiVe HouRS
Con este título de suma minutos para gañar horas activas, o alumnado de 1º de bacharelato e 4º ESO trata de desvelar diferentes posibilidades de práctica deportiva para o tempo de lecer, onde os protagonistas organizan “quedadas “ para convidarannos a participar.
O obxectivo deste programa en colaboración co profesorado de garda de recreos activos é contribuír, xunto a outras liñas de traballo no centro, á práctica de actividade física (AF) saudable: realizar AF cardiorrespiratoria (de moderada a vigorosa) de maneira regular cada día sumando como mínimo 60´ (7 h á semana) con polo menos 3 días de participación en programas de fortalecemento muscular, mellora da masa ósea e flexibilidade para manter unha boa actitude postural (Recomendación da OMS para o alumnado que cursa a ESO, FP e Bacharelato).
Con gañas de alcanzar o cume chegamos sobre as 11 á instalación de Indoorwall en Santiago de Compostela onde o alumnado de 4º ESO e 1º BAC experimentou a sensación da escalada nun entorno atractivo, completamente seguro e sen choiva, que coa que estaba caendo fóra, isto soubo a gloria.
Despois de xantar demos un paseo polas rúas e prazas de Santiago e rematamos a xornada no GAIÁS, onde participamos nunha visita didáctica guiada para coñecer máis de cerca os segredos da ambiciosa obra arquitectónica símbolo da Galicia contemporánea.
Prema nas imaxes para ampliar a información
ELABORAMOS O GUIÓN LITERARIO E TÉCNICO PARA UNHA PRODUCIÓN CINEMATOGRÁFICA. Edición non completada por mor do Covid-19.
Título: Os superheroes do planeta “O FRAGAS”. Uns superheroes, que están en baixa forma debido ao seu estilo de vida sedentario e malos hábitos alimentarios, precisan da nosa axuda. Temos que intervir!, son espello de moitas condutas que adopta a poboación do planeta. Unha fase de enriquecemento transversal desde diferentes materias con aprendizaxes baseados en resolucións de problemas en contextos reais, mobilizando os seus coñecementos, destrezas, valores e actitudes.
DESMENTIMOS FALSOS MITOS
FIXEMOS DE “CHEFS”
PDF coa tarefa 1 (espiamos ao superheroes)
PDF coa tarefa 2 (seguimos de detectives)
PDF coa tarefa 3 (facemos de "chefs")
PDF coas conclusión finais dunha alumna
REGULAMOS O TRÁFICO NO SUPERMERCADO
Saímos de visita a diferentes establecementos de venta de alimentos
DIMOS A VOLTA AO MUNDO EN 80 ALMORZOS
PROMOCIONAMOS O CONSUMO DE BOCADILLOS SAUDABLES NOS RECREOS
Campaña para o consumo nos recreos de alimentos saudables. como bocadillos vexetais, bocadillo de tortilla, batidos de froitas, froitos secos (non fritos, nin con sal), onza de chocolate con máis do 75% de cacao, yogur natural, sardiñas en lata (ó natural).
FIXEMOS ENQUISAS. O TEU PRATO DO DÍA, PARECESE A ESTE?
Realización dunha enquisa sinxela e didáctica (tipo rúbrica), deseñada para aprender sobre alimentación mentres se está respondendo.
Evitamos falar da pirámide da alimentación e utilizamos a imaxe do prato da Escola de saúde pública de Harvard como imaxe sinxela para aclarar como debe ser a inxesta dos diferentes grupos de alimentos ó longo do día e subliñamos que o verdadeiramente importante é tomar alimentos saudables.
FOTOGRAFAMOS O NOSO ALMORZO
O alumnado tivo que defender cun discurso persoal o retrato do seu almorzo saudable, avogando sempre por un estilo de vida activo que fai que a balanza enerxética non se decante cara ao sobrepeso.
TRABALLAMOS SOBRE O RETRATO ROBOT DE FANTMAN
O REPARTO DE FROITA NON O POIDEMOS LEVAR A CABO POR MOR DA SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS (COVID-19)