(MEMORIA) PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN (curso 2019-20)

Prema nas imaxes para ampliar a información

ELABORAMOS O GUIÓN LITERARIO E TÉCNICO PARA UNHA PRODUCIÓN CINEMATOGRÁFICA. Edición non completada por mor do Covid-19.

Título: Os superheroes do planeta “O FRAGAS”. Uns superheroes, que están en baixa forma debido ao seu estilo de vida sedentario e malos hábitos alimentarios, precisan da nosa axuda. Temos que intervir!, son espello de moitas condutas que adopta a poboación do planeta. Unha fase de enriquecemento transversal desde diferentes materias con aprendizaxes baseados en resolucións de problemas en contextos reais, mobilizando os seus coñecementos, destrezas, valores e actitudes. 

PDF co guión.

 

 

DESMENTIMOS FALSOS MITOS

 

FIXEMOS DE “CHEFS”

PDF coa tarefa 1 (espiamos ao superheroes)

PDF coa tarefa 2 (seguimos de detectives)

PDF coa tarefa 3 (facemos de "chefs")

PDF coas conclusión finais dunha alumna

     

 

 

REGULAMOS O TRÁFICO NO SUPERMERCADO

Saímos de visita a diferentes establecementos de venta de alimentos

PDF coa descrición

 

DIMOS A VOLTA AO MUNDO EN 80 ALMORZOS

PDF coa descrición

 

 

 

 

PROMOCIONAMOS O CONSUMO DE BOCADILLOS SAUDABLES NOS RECREOS

Campaña para o consumo nos recreos de alimentos saudables. como bocadillos vexetais, bocadillo de tortilla, batidos de froitas, froitos secos (non fritos, nin con sal), onza de chocolate con máis do 75% de cacao, yogur natural, sardiñas en lata (ó natural).

 

FIXEMOS ENQUISAS. O TEU PRATO DO DÍA, PARECESE A ESTE?

Realización dunha enquisa sinxela e didáctica (tipo rúbrica), deseñada para aprender sobre alimentación mentres se está respondendo. 
Evitamos falar da pirámide da alimentación e utilizamos a imaxe do prato da Escola de saúde pública de Harvard como imaxe sinxela para aclarar como debe ser a inxesta dos diferentes grupos de alimentos ó longo do día e subliñamos que o verdadeiramente importante é tomar alimentos saudables.

 

 

 

 

FOTOGRAFAMOS O NOSO ALMORZO

O alumnado tivo que defender cun discurso persoal o retrato do seu almorzo saudable, avogando sempre por un estilo de vida activo que fai que a balanza enerxética non se decante cara ao sobrepeso.

 

TRABALLAMOS SOBRE O RETRATO ROBOT DE FANTMAN

PDF coa descrición

 

 

 

O REPARTO DE FROITA NON O POIDEMOS LEVAR A CABO POR MOR DA SUSPENSIÓN DAS CLASES PRESENCIAIS (COVID-19)