Concurso José Moldes

RESOLUCIÓN DO XXI CONCURSO DE COCIÑA E COCTELARÍA “JOSÉ RODRÍGUEZ-MOLDES REY”.

VÍDEO RESUMO DO ACONTECIDO

  

   Novo éxito do concurso de cociña e coctelería que organizamos cada ano no IES Fragas do Eume, o José Rodríguez-Moldes Rei, e que se celebrou na mañá deste pasado xoves coa participación dos oito centros que conforman parte da rede galega de  Formación profesional de Hostalería de Galicia, da Escola de especialidades Fundamentais da Estación Naval da Graña (Ferrol).

   Ao certame acudiu, entre outros representantes da administración educativa, docentes e alumnado dos centros participantes, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, que destacou a importancia da celebración deste tipo de eventos para cumprimentar a formación do alumnado e poñer en valor o traballo excepcional que se está a facer nos centros de formación profesional. Asemade destacou a importancia da colaboración con entidades empresariais para aproveitar siñerxías cara ao desenvolvemento de proxectos de innovación e a inserción laboral.

   Estiveron tamén presentes neste XXI certame "José Moldes" o alcalde do concello de Pontedeume (Bernardo Fernández Piñeiro), o alcalde de Cabanas (Carlos Ladra Brage) e representantes das empresas patrocinadoras.

   Na edición deste ano, o alumnado de cociña tivo que preparar croquetas de xamón (prato tradicional) e outro con ás de polo como ingrediente principal (prato creativo). No caso da coctelaría, as persoas participantes prepararon un cóctel (receita clásica) e un combinado utilizando Pisco Barsol, de uva Quebranta e zume de laranxa (modalidade creativa).

 

COCIÑA

1º Premio: D. Jorge Rey Rivera e D. Daniel Fernández Quintas– IES/CIFP/EHT IES Sanxillao.

Nome dos pratos: Croquetas de Xamón. / Pito e Millo. 


 

 

 

COCIÑA

2º Premio: D. Antonio Tacón Oubele D. Daniel López Blanco – IES/CIFP/EHT Paseo das Pontes .

Nome dos pratos: Croquetas de Xamón. / Ás do campo. 

 

COCTELARÍA - Clásica

1º Premio (COMPARTIDO): D. Marcía Andreia Miranda Araújo - IES de Foz.

 

COCTELARÍA - Clásica

1º Premio (COMPARTIDO): D. Bruno Landrove Gómez - CIFP/IES Fraga do Eume.

 

 

 

 

COCTELARÍA - Creativa

1º Premio: Dña. Paula Ferrer Acuña - CIFP/IES Vilamarín.

 

 

COCTELARÍA - Creativa

2º Premio: D. Diego Fernández Martínez - CIFP/IES Compostela. 

 

 

CARTEL

1º Premio: D. Jonathan Nogueira Aragunde - IES Leixa.

 

 

 

 

XXI CERTAME JOSÉ RODRÍGUEZ MOLDES-REY

ASÍ SERÁ A XXI EDICIÓN DO CERTAME DE COCIÑA E COCTALERÍA DO IES FRAGA DO EUME. 

Modalidade de cociña: o alumnado deberá preparar croquetas de xamón (prato tradicional) e outro que terá as ás de polo como ingrediente principal (prato creativo).

Modalidade de coctelaría: as persoas participantes deberán preparar un cóctel (receta clásico) e un combinado utilizando Pisco Barsol, de uva Quebranta e zume de laranxa da marca Garnini (modalidade creativa).

   Dende hai anos celébrase  simultaneamente un concurso de creación de carteis anunciador do evento, no que participan centros con ensinanzas de artes gráficas e artísticas. O gañador deste ano foi Jonathan Nogueira Aragunde do IES Leixa que presentou a obra titulada As gotas do arte.

   O evento conta co  recoñecemento e colaboración tanto da Consellería de Cultura Educación e O.U.  (a través da Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa). Tamén se suma o Concello de Pontedeume, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrolterra e outras entidades.

 HORARIO DAS ACTIVIDADES 

CENTROS PARTICIPANTES

COMPOSICIÓN DO XURADO

PREMIOS

 PATROCINIOS E COLABORACIÓNS

 APUNTE HISTÓRICO

 

 

Distribuir contido