QUEDADAS: "ADD MINUTES TO GET ACTIVE HOURS
(Suma minutos para gañar horas activas)
Con este título de suma minutos para gañar horas activas, o alumnado tratamos de desvelar diferentes posibilidades de práctica deportiva para o tempo de lecer, onde os protagonistas organizan “quedadas “ para convidarnos a participar.
O obxectivo deste programa en colaboración co profesorado de garda de recreos activos (e mediodia do martes) é contribuír, xunto a outras liñas de traballo no centro, á práctica de actividade física (AF) saudable: realizar AF cardiorrespiratoria (de moderada a vigorosa) de maneira regular cada día sumando como mínimo 60´ (7 h á semana) con polo menos 3 días de participación en programas de fortalecemento muscular, mellora da masa ósea e flexibilidade para manter unha boa actitude postural (Recomendación da OMS para o alumnado que cursa a ESO, FP e Bacharelato).
Escalada en parede de roca
Con gañas de alcanzar o cume chegamos sobre as 11 á instalación de Indoorwall en Santiago de Compostela onde o alumnado de 4º ESO e 1º BAC experimentou a sensación da escalada nun entorno atractivo, completamente seguro e sen choiva, que coa que estaba caendo fóra, isto soubo a gloria.
Despois de xantar demos un paseo polas rúas e prazas de Santiago e rematamos a xornada no GAIÁS, onde participamos nunha visita didáctica guiada para coñecer máis de cerca os segredos da ambiciosa obra arquitectónica símbolo da Galicia contemporánea.
Carreira Solidaria Save The Children
A ONG Save The Children convocounos o 20 de novembro a participar na XVI Carreira Qilómetros de Solidariedade para conseguir recursos e axudar aos nenos e nenas do pobo rohingya.
Patinaxe sobre xeo
O alumnado de 1º e 2º de ESO desprazouse ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas e ampliar coñecementos sobre as materias STEM e sobre as características da especie humana.
Posta en escena de coreografías no festival do Entroido
Neste entroido tivo lugar no IES Fraga do Eume a primeira edición do Festival EumeWood. O alumnado sacou a escena, nada máis e nada menos, que 20 películas. É de destacar a calidade das comparsas, que con coreografía incluída, animaron a mañá do pasado venres 21 de febreiro no noso espectacular centro de ensino secundario.
QUEDADAS NA CASA:
FIXEMOS ENQUISAS. O espello saudable.
Realización dunha enquisa sinxela e didáctica (tipo rúbrica), deseñada para aprender sobre alimentación e o estilo de vida activo mentres se está respondendo.