PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO (PLAN PROXECTA 2019-20)

  • Gústame o alumnado que entende que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo en si mesmo, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante. 
  • Gústame o alumnado que se implica nas actividades de educación emocional e social e que por estilo de vida saudable entende que hai algo máis que o non fumar, non beber alcol, comer san e facer actividade física. E que para cumprir co anterior reflexiona sobre a maneira xeral de vivir das persoas e grupos sociais.
  • Gústame o alumnado que se move, que quere saber, saber facer e saber ser e estar; e demóstrao con iniciativa e creatividade transformando os seus soños en realidades.
  • Gústame o alumnado que actúa con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudable.
  • Gústame que o resto da comunidade educativa non se deteña e que teña o mesmo gusto que o meu alumnado. Que entenda que o proxecto educativo de centro debe incluír un Plan para a Promoción de Estilos de Vida Saudables ben reflexionado, con apuntamento nos orzamentos do centro e que, tomando como base o liderado compartido, procure unha intervención integrada desde diferentes ámbitos.

 

QUEDADAS: "ADD MINUTES TO GET ACTIVE HOURS

(Suma minutos para gañar horas activas)

Con este título de suma minutos para gañar horas activas, o alumnado tratamos de desvelar diferentes posibilidades de práctica deportiva para o tempo de lecer, onde os protagonistas organizan  “quedadas “ para convidarnos a participar.

   O obxectivo deste programa en colaboración co profesorado de garda de recreos activos (e mediodia do martes) é contribuír, xunto a outras liñas de traballo no centro, á práctica de actividade física (AF) saudable: realizar AF cardiorrespiratoria (de moderada a vigorosa) de maneira regular cada día sumando como mínimo 60´ (7 h á semana) con polo menos 3 días de participación en programas de fortalecemento muscular, mellora da masa ósea e flexibilidade para manter unha boa actitude postural (Recomendación da OMS para o alumnado que cursa a ESO, FP e Bacharelato).

Escalada en parede de roca 

   Con gañas de alcanzar o cume chegamos sobre as 11 á instalación de Indoorwall en Santiago de Compostela onde o alumnado de 4º ESO e 1º BAC experimentou a sensación da escalada nun entorno atractivo, completamente seguro e sen choiva, que coa que estaba caendo fóra, isto soubo a gloria. 

  Despois de xantar demos un paseo polas rúas e prazas de Santiago e rematamos a xornada no GAIÁS, onde participamos nunha visita didáctica guiada para coñecer máis de cerca os segredos da ambiciosa obra arquitectónica símbolo da Galicia contemporánea.

 

Carreira Solidaria Save The Children

 

   A ONG Save The Children convocounos o 20 de novembro a participar na XVI Carreira Qilómetros de Solidariedade para conseguir recursos e axudar aos  nenos e nenas do pobo rohingya.

  

Patinaxe sobre xeo

 

    O alumnado de 1º e 2º de ESO desprazouse ata A Coruña para coñecer novas prácticas deportivas e ampliar coñecementos sobre as materias STEM e sobre as características da especie humana. 

 

Posta en escena de coreografías no festival do Entroido

 

   Neste entroido tivo lugar no IES Fraga do Eume a primeira edición do Festival EumeWood. O alumnado sacou a escena, nada máis e nada menos, que 20 películas. É de destacar a calidade das comparsas, que con coreografía incluída, animaron a mañá do pasado venres 21 de febreiro no noso espectacular centro de ensino secundario.

 

 

QUEDADAS NA CASA: 

   

 

FIXEMOS ENQUISAS. O espello saudable.

Realización dunha enquisa sinxela e didáctica (tipo rúbrica), deseñada para aprender sobre alimentación e o estilo de vida activo mentres se está respondendo.