ADD MINUTES TO GET AN ACTIVE LIFE
(Suma minutos para gañar unha vida activa)
Aprender a facer ACTIVIDADE FÍSICA, a ter unha boa ALIMENTACIÓN, a ter un DESCANSO axeitado e a gozar da NATUREZA, son piares fundamentais da INTELIXENCIA EMOCIONAL.
O ESTILO DE VIDA: a clave da SAÚDE
- Gústame o alumnado que entende que a saúde é un recurso para a vida, non un obxectivo en si mesmo, onde o coidado da contorna e da sociedade na que vivimos ocupa un papel relevante.
- Gústame o alumnado que se implica nas actividades de educación emocional e social e que por estilo de vida saudable entende que hai algo máis que o non fumar, non beber alcol, comer san e facer actividade física. E que para cumprir co anterior reflexiona sobre a maneira xeral de vivir das persoas e grupos sociais.
- Gústame o alumnado que se move, que quere saber, saber facer e saber ser e estar; e demóstrao con iniciativa e creatividade transformando os seus soños en realidades.
- Gústame o alumnado que actúa con intelixencia emocional e que cunha gran autoestima e personalidade defende o seu estilo de vida saudable.
- Gústame que o resto da comunidade educativa non se deteña e que teña o mesmo gusto que o meu alumnado. Que entenda que o proxecto educativo de centro debe incluír un Plan para a Promoción de Estilos de Vida Saudables ben reflexionado, con apuntamento nos orzamentos do centro e que, tomando como base o liderado compartido, procure unha intervención integrada desde diferentes ámbitos.