ÁMBITO TEMPORAL 2: DENTRO DO CENTRO E DENTRO DO HORARIO LECTIVO

 

MOMENTOS ACTIVOS NAS GARDAS DE AULA

RECREOS ACTIVOS

ESPAZOS DO CENTRO PARA GOZAR

 

O IES FRAGA DO EUME APOSTA POLA FROITA FRESCA

   Finalizamos o programa de reparto de froita fresca no centro, desenvolto ao longo de 10 días lectivos consecutivos en xaneiro e outros dez en maio.

   O programa, subvencionado polo FOGGA (Consellería do Medio Rural), o Ministerio de Agricultura, Pesca e alimentación e a Unión Europea, tivo unha boa acollida entre o alumnado.

   Este programa acompañou a outro tipo de actividades no centro que fan alusión á necesidade dunha alimentación saudable e unha vida activa de socialización evitando o sedentarismo e a inxesta de sustancias tóxicas como elementos indispensables para ter calidade de vida.

MENÚ SAUDABLE PARA O ALUMNADO

   No IES Fraga do Eume séguese a “máxima” que anuncia que os factores de risco cara á saúde tenden a asociarse simultaneamente, aínda que ben é certo que as condutas saudables tamén veñen en cadea. Existe correlación, por exemplo, entre a práctica de actividade física ou falta dela e o consumo ou non de alimentos saudables e viceversa.

   Durante o mes de abril e maio o alumnado de FP de Hostalaría de Servizos de Restauración puxerón en práctica os menús saudables que deseñaron ao longo do curso.

   Unha actividade especial cun abano de sabores de gran colorido.

   Esta é a presentación da degustación do alumnado de 3º de ESO despois de suar a camiseta no recreo  repuxo enerxías en base a tostas de verduras e salmón grile, ensalada de arroz e xarda, timbal de coliflor con salmón grego, tacos de piña con gambas e crema aceda, e“ smoothie” de laranxa e mango. 

   Parabéns para o profesorado e alumnado dos ciclos de hostalería, panadería e restauración pola exitosa organización da actividade.

ENQUISA SOBRE O DESCANDO E O TEMPO DE LECER - TRABALLO DE ESTATÍSTICA EN 2º ESO 

   Estudo e análise dos resultados dunha enquisa ao alumnado do centro por parte do alumnado de 2º ESO acerca dos hábitos no tempo de lecer e descanso do alumnado. Como remate deste traballo, o alumnado fixo unha presentación (empregando ferramentas dixitais) coas conclusións.

Ligazón á información

Exemplo do traballo sobre as conclusións realizado por unha alumna.

 DEPORTISTAS OLÍMPICAS GALEGAS - O ESFORZO INVISIBLE

   A actividade sobre as deportistas olímpicas galegas desenvólvese principalmente ao longo do terceiro trimestre, se ben comeza a xestarse a partir de contidos vistos na materia de Lingua e Literatura Galega no segundo trimestre,  a partir do tema dedicado á entrevista e aproveitando ao feito de se desenvolveren os Xogos Olímpicos de Toquio no verán de 2021. Tomamos o referente de mulleres olímpicas coa finalidade de lle dar unha maior visibilidade ao seu traballo e esforzo para estaren no máis alto dos diferentes deportes que practican e representan. 

Máis información nun PDF

PDF cun exemplo de entrevista realizado.

Imaxes da presentación dos tranallos na clase.

COMUNICÁMONOS EN FRANCÉS - OCIO ACTIVO E SAUDABLE

Obxectivos de aprendizaxe:

-Comunicar en francés para falar das súas actividades de tempo libre e deportivas.

-Facer individualmente e despois en grupo unha tarefa creativa que integre a lingua oral e a escrita, destinada a que se coñezan mellor entre eles.

-Comprender o funcionamento e usar correctamente os artigos contractos con “à e de”.

 

Máis información nun PDF

Exemplo nun PDF

"PHYSICAL ACTIVITY"

Máis información nun PDF