Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Viaxe Francia

A nos crayons, citoyens!

Onte pola mañá, os alumnos que participamos no intercambio con Fontenilles (Francia) decidimos saír á rúa, en solidariedade cos nosos amigos. Sabemos que  os acontecementos que tiveron lugar hai uns días, teñen a todo o pobo francés cheo de angustia e preocupación.

 

 Na foto, amosamos uns lapis, que son tamén as nosas “armas”, as que nos deixan mostrar ante os demais o que aprendemos día a día, pero que  tamén saben dos nosos sentimentos, dos nosos soños, das nosas opinións ... parce que nous aussi, nous sommes Charlie.

 

Parece que esta idea gustou aos profesores e alumnos de collège Irène Joliot-Curie e onte pola tarde xa nos estaban escribindo, dándonolas grazas, velaquí algo do que dicían...

…… "mer. 14 janv. à 19:34

 

Merci beaucoup pour la transmission de ce message, qui nous a tiré des larmes. Cette solidarité internationale, fruit des échanges et des liens tissés au cours des dernières années ne pourra pas être rompu à cause de quelques excités... Nous sommes persuadés que l'ouverture d'esprit créée par ces rencontres et ces voyages permettra à nos élèves d'éviter le piège de la haine de l'autre...

Encore merci

 

Bises"


Preparando a viaxe a Haute Garonne 2014

A finais do mes de marzo, un grupiño de alumnos e alumnas de 3º e 4º desprazaranse ata Fontenilles, un pequeno municipio do departamento de Haute Garonne, na rexión francesa de Midi-Pyrenées.

 Cando un proxecta facer unha viaxe, é recomendable que antes de iniciala, procure informarse do lugar onde se dirixe. Así pois, este pequeno libriño interactivo que vos presentamos, axudaravos a coñecer e a descubrir algunhas informacións importantes da zona de destino.

Invitámosvos a adentrarvos nesta fermosa rexión francesa presidida pola cidade de Toulouse, coñecida como a "ville rose", pola cor dos seus edificios. 

Descubride dende o seu enclave xeográfico, accidentes montañosos, ríos mais importantes ata a súa economía, gastronomía, persoeiros ilustres, construccións típicas... Todo iso mediante sinxelos exercicios que podedes facer en familia ou cos vosos amigos. Agardamos que vos guste.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/258382561/rendez-vous.html

 


 

 

 

 

Visita dos alumnos do colexio Irène Joliot-Curie

Dende o día 13 ata o 18 do mes de outubro recibimos no noso centro a un grupo de 26 alumnos acompañados de tres profesoras do colexio Irène Joliot-Curie de Fontenilles (Haute Garonne).

 

Ao igual que o ano pasado, estes estudantes franceses foron acollidos polas familias dos nosos alumnos de 3º e 4º de ESO, participantes este ano no intercambio escolar co país galo. 

Durante estes días elaborouse para eles un completo programa cheo de actividades, viaxes e encontros, que ían dende as visitas aos principais museos  e fermosos lugares da nosa cidade, viaxes a Santiago de Compostela e Rías Baixas, ata xogos na rúa. 

Rematouse esta primeira parte do intercambio cunha festa no instituto de tódolos implicados (familias, alumnos e profesores) onde non faltaron a música, o baile o os petiscos para todos.

 A finais do mes de marzo serán os nosos alumnos de 3º e 4º  de ESO os que se desprazarán ata Fontenilles, alí poderán coñecer  o ambiente escolar,  a rexión na que está situado o colexio, probar a súa gastronomía e por suposto poñer en práctica a fermosa lingua de Molière."

Viaxe á rexión de Midi-Pyrénées

Dende o día 23 ata o 29 de abril, un grupiño de 11 alumnos de 3º e 4º  da ESO desprazaranse a Francia acompañados pola profesora de francés Mª Jesús Quintáns Rodríguez. Durante a súa estadía no país veciño serán acollidos no collège de Fontenilles, localidade situada a 25 km. de Toulouse. A viaxe ten dous obxectivos principais: lingüístico (facer progresar aos alumnos e suscitar o interese pola lingua e a cultura francesas) e social (descubrir a rexión mediante a inmersión familiar e escolar).

Ademáis das actividades realizadas no collège, o grupo  visitará as cidades de Toulouse e Carcasonne.

O traballo en común co collège de Fontenilles vense dando dende o curso 2010-11 mediante a correspondencia epistolar dos alumnos que continúa no presente curso. Mediante esta viaxe que agora se leva a cabo, é intención do departamento de francés sentar as bases para poder efectuar un intercambio de alumnos nos vindeiros anos.


Viaxe a Francia 2012

De contado poñeremos información da viaxe que se está organizando.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut