Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2022-2023

160 aniversario do primeiro instituto de A Coruña

Olimpiada de Bioloxía 2023

olimpiada bioloxía 2023

Segundo premio: Sol Davó Fernández

Terceiro premio: Iago Cabana Castro

Accésit: Elisa Marie Rodríguez Martínez

Tres premios de seis. Noraboa !!!

Máis fotos, pinchar no enlace

Entroido 2023 no Eusebio

Primeiro premio profesorado disfraz feminino e masculino

 Clases gañadoras: 1º A ESO E 1º F bacharelato

Visita a Repsol

visita repsol

O alumnado de Cultura Científica  e Tecnoloxía e Enxenería de primeiro de bacharelato, visitou as instalacións da refinería de Repsol. Personal da refinería explicou en detalle os procesos que se levan a cabo e realizouse un itinerario pola mesma. Ademáis o alumnado recibiu información sobre as medidas máis relevantes ue levarán a cabo no proceso de transición enerxética.

Intercambio con Verona

Intercambio con Verona

Celebración da Candeloria

a candeloria

Para acceder a todas as fotos na imaxe

"POLA CANDELORIA NINGUNHA AVE VOA SOA"

2 DE FEBREIRO: FESTA DAS CANDEAS OU DA CANDELORIA

(CELEBRACIÓN DO AMOR)

O 2 de febreiro celébrase a Festa da Candeloria, tamén chamada Festa das Candeas, que ademais da beizón das velas, simboliza a Festa do Amor.

Así pois, hai poucos anos na igresxa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela, concretamente na capela do Rosario, celebrábase na misa da mañá o casamento de dúas pombas que se ceibaban ao remate do acto relixioso. O carácter amoroso dese día estase a esquecer pasando a doce días máis tarde, é dicir, por San Valentiño, por influxo do consumismo comercial.

E tamén nalgúns lugares de Galicia, festéxase ese día a chamada Festa do Pote, como no concello de Verín (Ourense) onde pode haber na mesa cachucha, ovos, cabrito, tortilla, vitela, fideos con azucre, roscas, churros, figos, roscóns, arroz con xarope, noces, laranxas e bica de rixóns co cal á festa anterior tamén se lle engade unha celebración gastronómica.

Por estes motivos expostos, cómpre recuperar vellas tradicións de noso que ás veces poden chegar a desaparecer e que constitúen sen ningunha dúbida unha parte fundamental da nosa identidade cultural. Así, o EDLG quixo sumarse a esta efeméride e organizou un concurso onde tradición e modernidade fosen da man. Baixo o título Que me queres, amor? Levemos posto o amor!, o alumnado elaborou lemas ou frases de amor en tres categorías: amor como atracción físicanamoramento, amor á nosa lingua e amor á nosa terra. O uso principal que se fará dos deseños gañadores será incluílo impreso en bolsas de tea, co obxecto de promocionar a nosa lingua, levando posto o galego, xa que cómpre adaptármonos ás modas, e esta é unha peza de vestiario que leva a cotío a rapazada de agora. Deste xeito, na mañá de hoxe, 7 de febreiro, fóronlles entregados os agasallos con cadanseus diplomas acreditativos ás alumnas Nuria Alonso Rodríguez (1º ESO B), Ariana Crego Romero (1º ESO D) e Vega Armada Santos (1º BACH A). Parabéns e moitas grazas a todas as persoas que, dun ou doutro xeito, participaron e axudaron a darlles continuidade ós nosos costumes !!!

Feliz día do Amor!!!

                                                                       Teresa Pastor Novo,  coordinadora do EDLG

 

 

Información e presentacións no CICA-UDC dos proxectos do alumnado STEMbach do Eusebio

Para acceder a toda información pinchar no seguinte enlace

Para acceder á presentación do evento realizada polo alumno de 1º de bacharelato, Santi Vila, o día 1 de febreiro, de 15:30 a 18:00 horas no salón de actos do CICA da UDC,  pinchar no seguinte video

Visita 4ºE:" Exposición Steven Meisel 1993 A year in photograhs"

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Este xoves 2 de febreiro o alumnado de 4° E acompañado da profesora Beni Vidal do Ámbito Lingüístico- social fixo unha saída para ver a Exposición “Steven Meisel 1993 A year in photograps” no muelle de Batería da Coruña.

Marta Ortega, presidenta de Inditex, trouxo á cidade a mostra máis grande nunca feita sobre o retratista neoiorquino Steven Meisel.

As súas fotos, máis dun cento, realizounas o artista en 1993 nunha explosión creativa que o levou a asinar máis de cen editoriais de moda e 28 portadas de revistas. Meisel soubo recrear nas súas fotos eses seres mitolóxicos que conformaron o novo mito que marcou a estética e a cultura pop dos anos noventa: o das supermodelos.

O alumnado tomou boa nota do video e das explicacións sobre o artista que foron dando os protagonistas do mesmo. Admiraron a contorna onde se ubicou a Exposición, comentando o chamativo da mesma: muelle, as cementeiras…algo tradicional, e ao mesmo tempo algo tan moderno e rompedor como a Exposición.

Marysia, estudiante polaca no Eusebio

Marysia, estudante da Escola Torunska en Varsovia (Polonia), comezou a súa aventura no Eusebio. Nas próximas semanas Marysia será estudante de 3ºB na nosa escola. A viaxe de Marysia é posíbel grazas ao programa de Acreditación Erasmus +: viaxes individuais de estudantes.

Por suposto, esta viaxe é tamén o resultado da nosa amizade e cooperación entre as dúas escolas con quen o ano pasado tivemos un intercambio de estudantes.

Desexámoslle unha estancia marabilloso!!!

Na foto: primeiro encontro, Marysia e a súa nai, xunto cos inestimables profesores Eva e Sebastián, profesores coordinadores do proxecto.

Enlace a máis información:

  https:m.facebook.com/story.php?story_fbid=860668745299656&id=100040696165957

 

Viaxe a Madrid do alumnado de francés de 4º de ESO

Para acceder a todas as imaxes, tamén a visita ao museo de Hergé,  pinchar no enlace

O departamento de francés organizou unha viaxe cultural a Madrid para os grupos de 4º de ESO de 1º e 2º Língua Francesa os días 25 e 26 de xaneiro. O alumnado estivo acompañado polos profesorsores Juan Carlos Méndez Ávila e María Barreiro Seoane. O día 25 visitamos a exposición sobre Hergé, creador das aventuras de Tintin no Círculo de Belas Artes de Madrid e pola noite asistimos ao musical "Los chicos del coro" baseado na película francesa "Les choristes". O día 26 pola mañá visitamos o museo Thyssen-Bornemisza onde o grupo realizou unha actividade centrada nos grandes pintores franceses impresionistas e post-impresionistas . Foi unha curta viaxe pero unha experiencia intensa e inesquecible

X Olimpiada de Filosofía

filosofóa

Estudantes do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda participaron o venres 20 de xaneiro na edición da X Olimpiada Filosófica de Galicia, celebrada na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado de 1º de Bacharelato (Teo García Nicolás, María Meléndrez Rodríguez, Beatriz Neira Edreira e Alicia Díaz Vázquez) participaron na modalidade de Disertación acerca do tema “As fronteiras son xustas?”. O alumnado estivo acompañado pola profesora Caridad Loureiro e o profesor Benito Arbaizar, ambos do departamento de Filosofía.

Visita do alumnado á exposición "Converxencias, arte e ciencia Escher"

            Grupos de 2º de bacharelato de Debuxo Técnico e Artístico (arriba)   Grupos de 2 da ESO (abaixo)             

Visita do alumnado do centro á exposición "Converxencias, arte e ciencia Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro do proxecto que se vén desenvolvendo de actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, especialmente  para mostrar as sinerxías e vínculos entre a arte e a ciencia. Visita organizada polos departamentos de Matemáticas e Artes Plásticas.

Abrindo portas coa Lusofonía

 Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración co EDLG, este luns 23 de xaneiro recibimos a visita do profesor mozambicano Amilton Bito, docente na Escola Secundaria Inácio de Loiola, en Mozambique. A dita escola leva anos a desenvolver un proxecto de irmandade co colexio coruñés Santa María do Mar.

Así, asistiu a diversas clases de Bacharelato e tamén falou á tarde no Salón de Actos para outros grupos. Focalizou a súa charla nas diversas accións levadas a cabo no seu centro educativo, así como nos recursos, sistemas de bolsas de estudo e campañas solidarias que desenvolven, nun centro titelado pola orde relixiosa dos PP. Xesuítas. Acompañou a súa disertación cunha presentación en imaxes de datos sobre Mozambique, a ubicación rural do centro, o interesante sistema de “internato” e “externato”, actividades do tempo de lecer, a ratio de alumnos, o especial vencello do R.Club Deportivo da Coruña con esta escola e outra información de notable interese respecto da súa organización.

Tras a súa exposición, cedeulle a palabra ao alumnado, quen se mostrou moi interesado en varios temas: como levaban no centro o tema da disciplina; se as mulleres ao rematar a escola tiñan as mesmas posibilidades laborais cós homes; cal era o salario mínimo do país e se o profesorado estaba ben remunerado; se sufriron ou aínda están a sufrir discriminación lingüística por falaren a súa lingua materna, .... E moitas máis curiosidades que lles quedaron por resolver (por esgotarse o tempo) a uns alumnos e alumnas que ficaron entusiasmados coa humildade e proximidade deste profesor de literatura mozambicano.

Sen ninguhna dúbida esta foi unha magnífica experiencia para o noso alumnado xa que, ademais de para poder comparar a súa vida académica coa do país africano, tamén para verificar a importancia do coñecemento das linguas e, no seu caso, da nosa lingua materna. Nesta aspecto, o tan levado prexuízo da “utilidade das linguas”, disuasor de falar galego ao crer que a súa “utilidade” só se cinxe a Galicia, viuse abaixo ao constatar o alumnado que falar a lingua de noso é unha prezadísima chave para poder abrirse camiño no mundo da Lusofonía.

Muito obrigados, profesor Amilton! Até quando você quiser voltar aqui!

                                                                                                                   Mª Teresa Pastor Novo

                                                                                                                   Coordinadora do EDLG

Visita do profesor mozambicano Amilton Bito

 Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Un dos fallos do noso ensino é o de ser demasiado teórico, de maneira que non sempre lle encontramos unha aplicación práctica ao que estudamos. Polo contrario, existe outra forma de aprender que a todas as persoas nos encanta, é viaxar a outros países e coñecer outras culturas.

O pasado luns 23 de xaneiro, sen saírmos da nosa escola, grazas á presenza  do profesor Amilton Bito nas nosas clases de Lingua e Literatura Galegas de 1º Bach e 2º ESO, puidemos viaxar coa imaxinación e coñecer Mozambique, un país que está moi lonxe xeograficamente, pero que ao mesmo tempo nos é moi próximo porque compartimos con el unha lingua que na súa orixe foi a mesma: o galego-portugués. 

Amilton é profesor da Escola Secundaria Ignacio de Loiola (ESIL) en Mozambique, escola que está a desenvolver un proxecto de irmandamento co colexio coruñés Santa María do Mar. Agradecémoslle que viñese ao noso centro para falarnos dese proxecto de intercambio que está a realizar, así como doutros aspectos do seu país, e que se mostrase tan próximo e disposto ao intercambio cultural, como interesado en coñecer a realidade educativa do noso centro. Todos e todas aprendemos moito desta experiencia, non unicamente no aspecto lingüístico e cultural, senón tamén no persoal e solidario. Volte quando quiser, professor, cá tem sua casa.

Olimpiada matemática galega 2023

olimpiada

 Para acceder a máis imaxes pinchar no enlace 

O pasado venres 20 de xaneiro celebráronse na Facultade de Matemáticas da USC coa participación de 112 estudantes (80 mozos e 42 mozas), as probas da Olimpiada Matemática Galega coa participación do noso alumnado: Xosé González Prego (de 3º ESO); Vega Armada Santos, Jorge Estévez de Carrillo, Ha Nul Kim Yuom, Sergio Núñez Urdaneta, Ana Saz Varela, Sofía Martínez Diz-Lois , Carolina García Vázquez (de 1º de Bacharelato); Bruno Bolaño Molezún,Sol Davó Fernández, Carla Dopazo Pavón, Gonzalo Gayá Matarranz, Hugo Herrador Segade, e Laura Fernández González (de 2º de Bacharelato).

As sesións de preparación do alumnado para a proba correron a cargo da Prof. Aurora Labora Castro e do Prof. Luis Javier Rodríguez González

A Olimpiada Matemática galega, constitúe a Fase Autonómica da LIX Olimpiada Matemática Española que convoca anualmente a Real Sociedad Matemática Española. 

Nestas probas, organizadas pola Asociación Eduardo García-Rodeja Fernández, selecciónanse ata 3 estudiantes para representaren a Galicia na Fase Nacional e consisten en dúas sesións dunha duración de tres horas e media, para resolver tres problemas en cada unha delas.

 O obxectivo fundamental é estimular o estudio das matemáticas descubríndoas fóra dos ríxidos temarios curriculares e dos chamados exercicios tipo, en definitiva, desenvolver o gusto pola resolución de problemas

Parabéns a todo o noso alumnado participante, polo seu esforzo e dedicación. Agradecemento ao seu profesorado, e aos preparadores.

 

Visita do club de lectura do Eusebio á biblioteca Infantil e Xuvenil

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

 Os clubs de lectura de 1º e 2º ESO foron visitar a biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga o 19 de decembro, acompañados das profesora Eva Fernández e Belén Sotelo; pola sua parte, os de 3º e 4º ESO e Bacharelato foron o 9 de xaneiro acompañados das profesoras María José Barreiro e Dulce Fernández. A visita resultou moi proveitosa.

As bibliotecarias Beti e Lorena recibíronnos con moito agarimo e ilusión, facéndonos sentir en todo momento como na casa. Presentáronnos a biblioteca, explicáronnos como está organizada, as múlltiplas actividades que alí se desenvolven, animándonos en todo momento a participar nelas, así como no seu club de lectura xuvenil. Tamén realizamos buscas no catálogo Cascarilleiro e participamos por grupos recomndandando un libro que seleccionamos entre varios, argumentando a razón da nosa escolla. O tempo soubo a pouco, mais en breve recibiremos a vista do seu club de lectura xuvenil na biblioteca do Eusebio para seguir compartindo a paixón pola lectura. 

https://librosabertos.blogspot.com/2023/01/visitamos-biblioteca-infantil-e-xuvenil.html 

 

 

Dúas exalumnas do Eusebio premiadas nun Congreso Nacional

Para acceder á información en prensa pinchar no enlace

Representación da obra de teatro "Ai, meu amigo"

obra de teatro

O 21 de decembro de 2022, o alumnado de 1º F de bacharelato puxo en escena no salón de actos do instituto “Ai, meu amigo!”, unha breve peza teatral da súa propia autoría. Baixo a coordinación da profesora de Lingua e Literatura Galegas Dulce Fernández Graña, representaron diversas situacións do noso mundo actual comparándoas coas que se contan nalgunhas das nosas cantigas medievais galego-portuguesas.

O fío condutor corría a cargo das figuras de María Balteira e Beatriz de Día, que viaxando a través do tempo, observaban como as relacións humanas no século XXI, lonxe do que se podería pensar, non mudaran moito con respecto ás da súa época medieval: os namorados que se citan na festa, as amigas confidentes, a nai que denega o permiso á filla, que aínda así consegue ir ás agachadas, a mentira do mozo e tamén o seu arrepentimento, o anoxo da moza enganada, a reprimenda da nai ao coñecer a verdade… Dúas épocas ben afastadas no tempo, mais cos mesmos personaxes e sentimentos.

Non faltou a música: entre escena e escena, soaban as cantigas de Martín de Padrozelos musicadas polo grupo A Quenlla no disco “Trobador no camiño”. Para rematar, no colofón final da obra, un numeroso coro recitaba a ritmo de rap a cantiga “Digades filha, mia filha velida” de Pero Meogo, cunha acaída coreografía que reflectía a súa estrutura dialogada a ritmo de hip-hop, lembrando a estrutura das nosas regueifas tradicionais, herdadas das tenzóns medievais.

A peza acadou a ovación final do público asistente, que dedicou ao elenco de actores e actrices un entusiasta e merecido aplauso.

Proxecto Xeografía Humana da Coruña de Chema Ríos

A directora do Instituto participa no Proxecto de Xeografía Humana da Coruña de Chema Ríos. As fotografías estarán expostas no Kiosko Alfonso ata o 8 de xaneiro e as ganancias da venta do libro destinaránse á asociación benéfica Renacer.

Para acceder a máis imaxes pinchar no enlace

Vídeos relacionados:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut