Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2020-2021

Actividades curso 2020-2021

Sen mulleres non hai ciencia: Lucía García e Noelia Martínez

 

meteo.sputnik            breogan_XII

Éxito total da emisión en directo para máis de 30 clases e cerca de 800 alumnos do IES Eusebio da Guarda de A Coruña, con conexións exteriores desde diferentes partes  de España, no Día internacional da muller na ciencia.

Os equipos Meteo.Sputnik e Breogan_XII lideran un acordo inédito de colaboración para impulsar os proxectos de ciencia e tecnoloxía no Instituto Eusebio da Guarda e animan a todas as chicas do centro a participar activamente neste tipo de actividades.

Por outro lado, vos contan en primicia mundial, o proxecto da Axencia Espacial Europea, no cal están participando para lanzar un satélite.

Se queres saber máis únete ás redes sociais de instagram dos dous equipos: @meteo.sputnik e @breogan_xii.

 

 Cara o minuto 14:

 

 

 

Entrevista a Carlos  Sarille,  Head  of  Electronic  Design Project A. P. T.A. S

 

que desvela os segredos da misión A. P. T.A. S, coa cal lanzarán un satélite real a finais do ano 2021, con tecnoloxía punteira, deseñado e financiado integramente polo alumnado.

Conseguiron o récord de financiamento equivalente ao que vale comprarse unha casa na Coruña e a implicación de máis de 30 alumnos e numerosas empresas.  Proyectazo!
 
Incrible exemplo para motivar e animar ao noso alumnado para cumprir os seus soños!
Grazas Carlos pola túa dispoñibilidade e amabilidade e por patrocinar co voso proxecto aos dous equipos  Meteo  Sputnik e Breogán  XII do Instituto Eusebio dá Garda da Coruña.
 
Podes descubrir máis información en relación co proxecto A. P. T.A. S na súa  WEB:   https://projectaptas.com/  

Link coa información dos dous equipos, do noso centro, que participan no proxecto  Cansat da Axencia Espacial  Europea:

 

 

Prácticas de Física e Química do alumnado de 2º de ESO

Os alumnos de 2º da ESO; axudados polos profesores Loli Blanco e Jesús Serna fixeron unhas prácticas no laboratorio para obter “escamas de ouro”.

Tamén na aula, xunto coa profesora Minia Prego, inflaron un globo sen soprar e foron quen de meter un anaco de porexpán nun vaso onde non cabía.


Máis vídeos en Youtube

Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero

Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero

O grupo de "Iguais na diversidade" anima a todo o alumnado do centro a participar o Concurso de cartaces 8M: pola eliminación dos estereotipos de xénero.

O prazo para presentar os cartaces é ata o 3 de marzo. Entregaranse en conserxería e teñen que mostrar a importancia da eliminación dos estereotipos de xénero, con estilo libre e en tamaño A4.

“FELIZ DÍA DA PAZ”

“FELIZ DÍA DA PAZ”

Con motivo do  día da Paz, alguns dos nosos Embaixadores  Junior coa nosa mascota “Picasiña”queren  desexar a Paz para Europa e para  o mundo enteiro diante do coñecido símbolo da Paz, a “Pomba branca” inspirada nos debuxos de Picasso.

 

"Un guía turístico ten que ser como Superman"

Alexandre Blanco, alumno do Ciclo Superior de Guía, Información e Asistencia turística,  GIAT,  interviu esta tarde no programa de radio galega "Á tarde"

Charla sobre a muller na Antiga Roma

Charla da USC do progarma "A Ponte" impartida pola profesora de Historia da USC Ana Mª Suarez Piñeiro sobre a muller na Antiga Roma. Os cursos asistentes foron 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades. Foi organizada pola profesora de Latín Belén González.

Proxecto de tecnoloxía de 3ºESO

Ó alumnado de 3º da ESO, na materia de Tecnoloxía coa profesora Mónica Picos, propúxoselles o reto de resolver un dos seguintes problemas aplicando o método de proxectos: organizar o seu escritorio ou buscar un xogo de mesa para entreterse.
Este ano engadiuse un condicionante: organizarse en pequenos grupos para traballar respectando tódalas restricións motivadas pola COVID. Para iso, tiveron que planificar telemáticamente o traballo de deseño, construción do obxecto e elaboración da memoria técnica para poder traballar de forma individual pero que, ó xuntar cada parte, o resultado final fose o esperado.

O alumnado de 2º de ESO fai a separación dos compoñentes dunha mestura

Os alumnos de 2º da ESO; axudados polos profesores Loli Blanco e Jesús Serna fixeron unha separación dunha mestura de labras de ferro, area e sulfato de cobre. Para levala a cabo, empregaron a técnica de imantación, filtración e, finalmente cristalización.

Concurso “La Francophonie” 1º ESO

O Departamento de Francés organizou un concurso para dar a coñecer a importancia do francés no mundo, con preto de 300 millóns de falantes en todos os continentes e segunda lingua nas relacións internacionais. Todos os alumnos de 1º de ESO, animados polas profesoras Adela Estévez Lago e María Barreiro Seoane, participaron na realización de colaxes sobre diferentes cidades, rexións ou países  francófonos. Os mellores traballos presentáronse nunha pequena exposición e o alumnado de bacharelato colaborou votando aos tres gañadores: Pilar Alonso-Jaúdenes Paz (colaxe “La Bretagne” ) de 1º ESO  C, Iria Porto Álvarez (colaxe “La Provence”),  de 1º ESO A e Pablo Tomé Cortizas (colaxe “Lyon”), tamén de 1º ESO A.

Polo seu esforzo e creatividade, o alumnado seleccionado para a exposición recibiu un pequeno agasallo.

Información sobre os Graos Universitarios

14 de xaneiro de 2021

Require inscrición previa

Felicitación de Nadal 2020 do Instituto

Postais dos alumnos e alumnas:

  • 1ºE ESO: Carmen Franco Tarrío
  • 2ºA ESO: Iria López Iglesias
  • 3ºV ESO: Brigitte Dextre Arce
  • 1ºA BAC: Carolina Díaz Vázquez
  • 1ºB BAC: Laura Villa Latas

 

 

Primeira panxoliña galega Deus nace galego, de 1637:

Entrega de Diploma aos Embaixadores Junior das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo

Os nosos Embaixadores junior do P.E. do curso 2019-2020 recibiron  os diplomas de recoñecemento que outorga a oficina do P.E. en España cómo parte do programa EEPE do que o noso Instituto é Escola Embaixadora. 

O labor de difusión dos valores e institucións europeas iniciado fai dous cursos, terá continuidade este curso con novos Embaixadores Junior de 3º da ESO e 1º de Bach. 

Parabéns a todos polo voso esforzó e traballo e moito ánimo aos futuros Embaixadores junior. 

TALLER DE MARCAPÁXINAS E EXPOSICIÓN SOBRE OS SOPORTES DE ESCRITURA NA ANTIGÜIDADE

TALLER DE MARCAPÁXINAS E EXPOSICIÓN SOBRE OS SOPORTES DE ESCRITURA NA ANTIGÜIDADE

O Departamento de Latín expón unha pequena mostra de útiles e soportes de escritura na Antigüidade ( papiros, volumina, calamos, pennae, capsae, atramentum, ...)

Para completar o tema dos Soportes de escritura na Antigüidade os alumnos e alumnas  de Latín do Bacharelato de Humanidades fixeron un taller de marcapáxinas con escritura manual utilizando papiro e “calamos” como verdadeiros escribas grecolatinos.

Linguas Clásicas, creatividade, destreza e gusto artístico nunha xornada moi interesante.

Velaquí o resultado !!!

Felicitación de Nadal de 2ºD de ESO

Felicitación de Nadal 2020 de 2ºD de ESO, coordinados pola titora e profesora de Matemáticas Cristina Villalobos.

Todo o amor que non podemos darnos neste momento transformouse nun vídeo de Nadal.

Cos nosos mellores desexos para un Nadal diferente e un novo ano 2021 que con pouco será moito mellor que o anterior. 

Revista "A voz de 1ºE"

Revista "A voz de 1ºE", do grupo 1ºE de ESO, coordinada pola súa titora e profesora de Galego Dulce Fernández.

Alumnos de Bacharelato constrúen un interferómetro no laboratorio de Óptica da Universidade de Santiago

Hoxe, 21 de decembro de 2020, os alumnos Roy Casero, Andrés Gento e Alejandro Prieto de 1º de bacharelato fomos á Facultade de Física da USC a construír un interferómetro e comprobar o seu funcionamento nun laboratorio de óptica da Universidade de Santiago. A finalidade deste experimento é parte do noso proxecto no concurso de Astronomía, "Catch a Star", a nivel europeo.
Temos que dicir que foi unha experiencia magnífica. O traxecto de ida foi moi emocionante, con moitísimas ganas de chegar e aprender de forma práctica.
Unha vez na facultade fomos recibidos pola investigadora Alba Covelo, a astrofísica que tanto nos ten axudado no proxecto; ela presentounos ao profesor Jans (Juan Antonio Garzón Heydt), un agradable e brillante profesor que nos compartiu o seu gran interese pola Física.
Regresamos con moi bo sabor de boca pola experiencia y con moitísimas ganas de volver a vivir algo similar y aprender moitísimo máis da Física.
Aquí vos deixamos unhas fotos da nosa experiencia.
Distribuir contido


by Dr. Radut