Proxecto de tecnoloxía de 3ºESO
Ó alumnado de 3º da ESO, na materia de Tecnoloxía coa profesora Mónica Picos, propúxoselles o reto de resolver un dos seguintes problemas aplicando o método de proxectos: organizar o seu escritorio ou buscar un xogo de mesa para entreterse.
Este ano engadiuse un condicionante: organizarse en pequenos grupos para traballar respectando tódalas restricións motivadas pola COVID. Para iso, tiveron que planificar telemáticamente o traballo de deseño, construción do obxecto e elaboración da memoria técnica para poder traballar de forma individual pero que, ó xuntar cada parte, o resultado final fose o esperado.