O 26 de febreiro reuniuse no noso centro o xurado para decidir os gañadores do XIII CONCURSO LITERARIO RITA SUÁREZ AMADO. Luisa Fernanda García Rodríguez, Xosé Pérez Mondelo, José Luis Alonso Torreiro e Julio Mancebo Moreiras tiveron un labor moi complicado xa que as obras presentadas foron máis dun centenar.
O resultado das súas deliberacións foi o seguinte:
NIVEL I (1º E 2º ESO). RELATO CURTO.
NOME
|
OBRA
|
CENTRO
|
Gañadora: Julia Caamaño Torrón
|
El último recuerdo
|
IES P. Eusebio da Guarda
|
Accésit: Carla Dopazo Pavón
|
Elisabeth y las comeletras
|
IES P. Eusebio da Guarda
|
Accésit: Elba Meléndrez Bergantiños
|
O príncipe louro
|
IES Otero Pedrayo
|
NIVEL I (1º E 2º ESO). POESÍA.
NOME
|
OBRA
|
CENTRO
|
Gañador LG: Mauro Gontá Gómez
|
Amigos
|
CPR Escravas Sgdo. Corazón
|
Gañadora LC: Naiara Manteiga Cendón
|
Me asusta escribirte
|
IES P. Rafael Dieste
|
NIVEL II (3º E 4º ESO). RELATO CURTO.
NOME
|
OBRA
|
CENTRO
|
Gañadora: Lydia García Veiga
|
Cicatrices
|
CPR Grande Obra de Atocha.
|
NIVEL III (1º E 2º BACHARELATO). RELATO CURTO.
NOME
|
OBRA
|
CENTRO
|
Gañadora: Lucía Blanco Miguéns
|
Pingas de Chuvia
|
IES P. Eusebio da Guarda
|
Accésit: Alba Uxía Arca Nieto
|
Polos seus luceiros
|
IES Salvador de Madariaga
|
Accésit: Carmen Paz Montero
|
El efecto mariposa
|
IES P. Eusebio da Guarda
|
NIVEL III (1º E 2º BACHARELATO). POESÍA.
NOME
|
OBRA
|
CENTRO
|
Gañador: Pablo Pombar Guillán
|
Y si hoy le dijera a mi alma
|
IES P. Eusebio da Guarda
|
NIVEL IV (ADULTOS). RELATO CURTO.
NOME
|
OBRA
|
Minia Prego Cabeza
|
La silla
|
NIVEL IV(ADULTOS). POESIA
NOME
|
OBRA
|
Fuco Paz Souto
|
O illote dos soños
|
A ENTREGA DE PREMIOS desenvolveuse o pasado venres 2 de marzo nun acto presidido polos pais de Rita Suárez Amado, Carmen e Juan, pola Terceira Tenente de Alcalde e Concelleira de Asuntos Sociais e Educación, Silvia Cameán, e polo representante de ABANCA Gonzalo Mora. Acompañounos, como é habitual, a familia de Rita e a súa irmá, Alba, dirixiu aos asistentes unhas emotivas palabras. A presidenta da Asociación contra o Cancro da Coruña, Elena Viturro, tamén honrounos coa súa presenza.
A Comunidade Educativa do Instituto Eusebio da Guarda quere transmitir a súa orgullosa felicitación aos premiados e anima a todos aqueles que teñan inquietudes literarias a participar o curso 2018-19 no seu certame literario.
Convocatoria do XIII Concurso literario Rita Suárez Amado