Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Conmemoración do Día Internacional da muller e a nena na ciencia coa actividade titulada “Investigando as mareas vermellas"

O pasado xoves 8 de febreiro visitounos a bióloga Pilar Rial Rodríguez do Centro Oceanográfico de Vigo (Instituto Español de Oceanografía)  para desenvolver unha Xornada científica coas alumnas e alumnos de 1 bac do noso Instituto, conmemorando así o 11 de febreiro Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Coa actividade titulada “Investigando as mareas vermellas” pretendeuse destacar o papel da muller na ciencia, a través de testimonios de mulleres científicas do departamento de Mareas Vermellas e Fitoplancto tóxico así como motivar ao alumnado a mergullarse neste mundo a través de pequenas experiencias no laboratorio con mostras de microalgas das nosas Rías.



blog | by Dr. Radut