Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Visita dos alumnos de 3º ESO á Domus

Os días 14 e 28 de xaneiro os alumnos de 3º da ESO visitaron a Domus para realizar no seu laboratorio unha práctica de disección do corazón dun porco. O alumnado puido apreciar neste órgano a disposición das distintas veas e arterias, as cavidades coronarias e as válvulas que regulan o fluxo sanguíneo. Completouse a saída facendo unha visita ás instalacións da Domus, onde os rapaces puideron, de modo interactivo, avanzar no coñecemento da anatomía e fisioloxía do corpo humano, contidos que se están a traballar neste curso.

 


(Fai clic na foto para ver máis)

(Texto de Catalina Romero, fotos de M. Jesús Quintáns, M. Jesús Gómez  e Catalina Romero)


 

Visita dos alumnos ao CIQUS de Santiago

O pasado 21 de xaneiro, os alumnos de Química de 2º curso de Bacharelato visitaron as instalación do CIQUS da Universidade de Santiago de Compostela. Asemade, logo visitaron o Museo de Historia Natural, acompañados polos profesores Cristina Viqueira, María Xesús Gómez, Miguel García, Pedro Rodríguez e Leandro Ponce. Este último deu unhas explicacións do arte que amosan diversos puntos da cidade.

Fai clic na foto para velas todas.

Conferencia de Ángel Carracedo no Eusebio

O pasado mércores 20 de xaneiro, o doutor Ángel Carracedo impartiu unha conferencia maxistral no noso centenario instituto.

Podes atopar a crónica e fotos do senlleiro acto, ao que asistiu o Excmo. Alcalde da Coruña, neste enlace de Cazatesouros, o blog do club de lectura.

 

Máis: "Para que surdan moitas máis figuras como a do doutor Ángel Carracedo é necesario mimar a educación pública"

 


 

Desexos de Feliz Aninovo para os nosos amigos

Xusto antes das vacacións, cando estaba a rematar o 1º trimestre do curso, recibimos una fermosa sorpresa dos nosos corres de Fontenilles. Fixérannos uns calendarios en recordo do seu paso por eiquí no mes de outubro, ¡cantos recordos! estaban cheos de fotografías de momentos inesquencibles.

¿Qué iamos facer nós para sorprendelos? Pois fixemos isto, una felicitación en forma de vídeo para todos eles e as súas familias, velaiquí. Agardamos que lles gustara. 

O noso agradecemento para tódolos participantes que nos adicaron un anaquiño das súas vacacións de Nadal, especialmente para os guionistas: Blanca, Carolina e Darío, quen fixo tamén labores de rodaxe. Parabéns.  
Xa nos tarda en chegar o mes de abril para ir velos aló. 


Meilleurs voeux pour 2016! 
 

 

Concurso do Nadal 2015


O alumnado de 1º e 2 da ESO adornaron os seus espazos de traballo e tamén fixeron actuacións nunha dura pugna por gañar o concurso. Un resumen pódese ver facendo clic na imaxe superior e no video que publicamos.

Noraboa a todos polo gran traballo feito!


 

 

AFACO celebra o vixésimo aniversario no Eusebio

 

AFACO, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de A Coruña, ven de celebrar o seu XX aniversario. Neste enlace poderás ler a memoria elaborada co motivo desta celebración. Moitos dos seus membros tomaron unhas instantáneas para o recordo no noso centro.


Chocolate con churros dos membros do Club de Lectura de 1º ESO

Os rapaces do Club de Lectura de primeiro da ESO, na chocolatada de Nadal, deséxannos unhas boas festas.


 

Visita do alumnado de 2º Bacharelato ao Salón de Orientación Universitaria

 (Fotos: Mario Juiz)

Os alumnos de 2º de Bacharelato foron o pasado 16 de decembro a UNITOUR, o Salón de Orientación Universitaria en Palexco, acompañados dos seus titores: Mario Juiz, Ana Mª Rodríguez Cabanela, Mar Sendino, Sonsoles Fernández, a vicedirectora Mª Rosario Soto e a coordinadora de Bacharelato, Beni Vidal.


 

Un alumno do Eusebio, premiado no V concurso de viñetas

 

 

A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello de A Coruña ven de comunicar que o xurado da V Edición do concurso de Viñetas "Sen adiccións... un bo plan"  falloú como gañador da Categoria 2 a viñeta presentada por David Pérez Plaza, alumno do IES Eusebio da Guarda. Dase a circunstancia de que houbo 400 participantes nesta edición de Viñetas.

A entrega dos premios levarase a cabo no Concello, na Praza de María Pita o día 14 de decembro ás 11:00 horas.

Parabéns!

Actualización: 

(Para ver as fotos fai clic)


 

Convocada a XI edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado

Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as difundan entre o alumnado. A XI edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes.

Fai clic na imaxe para ter acceso ás bases.

Actualización 26 Febreiro: Rematado o prazo de entrega dos traballos, próximamente anunciaremos a convocatoria da entrega de premios. Coma sempre, gracias anticipadas aos participantes. Un ano máis os membros do xurado tiveron traballo dabondo e decidir os gañadores foi unha grande responsabilidade.


 

Entrevista a dúas profesoras do Eusebio no programa de V Televisión "Más que contar"

 

Tras a súa exitosa entrevista de hai uns días, María José Martínez Girón e Nieves López Agrasar onte acudiron a este programa de televisión para expoñer a súa opinión sobre se é posíbel unha educación sen tarefas para casa.

Podedes ve-lo programa facendo clic sobre a imaxe. A entrevista escomenza no minuto 13:25. Parabéns!


 

 

Charla-coloquio de Francisco Castro Veloso.

Hoxe visitounos o escritor vigués, premio Blanco Amor 2005, Francisco Castro. O seu auditorio estivo formado polo noso alumnado de 1º da ESO. Máis dun cento de rapaces que mereceron xa un dez polo seu comportamento. Estiveron moi atentos á dinámica e entretida charla sobre a xénese da obra Chamádeme Simbad. Logo fixéronlle varias preguntas intelixentes. Francisco Castro respondeu de igual a igual, demostrando unha vez máis a importancia de sermos seres que len, conscientes dos problemas do mundo e do poder do individuo que sabe discernir as palabras sabias das palabras falaces.

 

 

(Fotos de Pedro R. Porca) 

Patinaxe sobre xeo - Primeiro da ESO

Durante o mes de novembro, o alumnado de 1º da ESO, a través  do departamento de EF, acudiu a realizar unha actividade tan gratificante como é o Patinaxe sobre Xeo, na pista ubicada no exterior do centro comercial Marineda. Axiña o alumnado de 2º pasará pola misma experiencia.

As imaxes foron tomadas polo profesor Alfredo Haz.


 

A TVG lembra o paso polo Eusebio de Picasso

 

Neste video a TVG lembra o desenvolvemento do artista nas aulas do Instituto.


 

Unha alumna, subcampeona de Galicia

O pasado 31 de outubro celebrouse o Campeonato Galego de Ximnasia Rítmica. Valeria Delgado Domínguez, alumna de 2º da ESO e membro do clube María Barbeito, proclamouse Subcampeona de Galicia na categoría infantil federado ARO.

E máis aínda, clasificáronse para o Campeonato Nacional que se disputará en Valladolid. Parabéns!

Dúas profesoras entrevistadas na Voz de Galicia

 

María José Martínez Girón e Nieves López Agrasar son profesoras no Eusebio. Aceptaron facer unha entrevista co gallo das reformas propostas por José Antonio Marina recentemente. Hoxe o diario publicou as súas opinións. Podes ler a entrevista completa facendo clic na imaxe.

 


 

 

 

Alumnos do Eusebio premiados polos seus logros

A nai de Gonzalo, Aurora Castro, enviounos dúas fotos do equipo español desde Puerto Rico.

Gonzalo levaun sombreiro nesta foto. Na esquerda aparece o "coidador", membro da organización que lles acompañaba no país.


 

En lembranza das vítimas. Todos somos París

 

Minuto de silencio en lembranza das vítimas de París. (Fotos: varios autores)

(Deseño de Jean Jullien)

Actualización:

Os alumnos do colexio de Fontenilles (France) fixeron un padlet para recoller os seus pensamentos. Nel tivo cabida a nosa aportación.

La Voz de Galicia fíxose eco da nosa protesta silenciosa. Aquí o enlace para velo. Asemade, noutro artigo, ampliou a información.

Engadimos outra foto panorámica:

 (Foto: Mario S. García)


 

Presumamos como galegos

Neste video promocional saen dos alumnos do Eusebio, Almudena Alonso-Jáudenes Paz e Gonzalo Cao. Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut