O pasado venres 17 de febreiro inaugurouse a exposición de Gumersindo Pardo Reguera, autor do retrato de don Eusebio da Guarda que o instituto cedeu para o evento.
Hoxe, 20 de febreiro de 2017, estamos a celebrar o IV Maratón de Lectura no salón de actos. Desde primeira hora, moitos voluntarios, foran alumnos, ensinantes, amigos,... amosan a súa vontade de manter a chama da nosa lingua acesa sen interrupcións ata as dez da noite. E non só iso. Unha urna serve para recoller os donativos que serán entregados á Cociña Económica da nosa cidade. Pronto actualizaremos esta información para dicir canto se recolleu. Grazas a todos por participar!
Co gallo do "Día da Muller e a Nena na Ciencia", os alumnos de segundo da ESO realizaron traballos de búsqueda de científicas galegas, sendo quen de aportar datos biográficos e profesionais. Logo fixeron este mural para reflectir unha selección de todos os traballos presentados.
Visita escolar do alumnado de 4º de E.S.O. ao Observatorio Astronómico “Ramón María Aller” da USC e ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) en Santiago de Compostela acompañado de profesorado do Departamento de Matemáticas e do Departamento de Bioloxía e Xeoloxia, e que tivo lugar o xoves 2 de Febreiro de 2017 entre ás 08:30h e ás 14:30h.
O pasado curso un grupo de alumnos -Javier Enríquez Guerrero, Iago Martínez Edreira, Alberto Rey Ares e Gustavo Vilca Mayta- gañaron unha impresora 3D para o instituto na competición D3Mobile.
Como podedes ver a impresora xa está montada e funcionando no taller de Tecnoloxía.
O seu exemplo ten animado a máis alumnos a voltar á competición este curso. Parabéns!
O pasado día 31 de xaneiro os alumnos de 1º e 2º de bacharelato asistiron á presentación da empresa AFN Escola de Pilotos, na que puideron escoitar as saidas profesionais que esta empresa ofrece.
O pasado día 26 de xaneiro os alumnos de 2º de bacharelato asistiron á presentación da escola INSA de Lyon (Francia) sobre estudos de enxeñería e saídas profesionais.
Fai unhas datas un equipo de V Televisión Galicia entrevistou ao alumno D. Guillermo Alonso-Jáudenes e ao profesor D. Luis Rodríguez González co gallo do uso do móbil nos centros académicos. Para ver a reportaxe fai clic na fotografía.
Coa publicación das bases, facemos un chamamento á comunidade educativa para que as espallen entre o alumnado. A XII edición do Concurso Literario Rita Suárez Amado celebrarase no vindeiro mes de marzo, pero os traballos haberá que entregalos antes.
O curso pasado, e coma un traballo dentro da materia de TIC en 4º da ESO, as alumnas Alba Fernández e Valentina Sánchez, presentaron este video feito completamente por elas.
Práctica de Observación da célula animal e vexetal, realizada o día 20 de decembro no laboratorio de Bioloxía do centro cos alumnos de 1º de Bacharelato A, coa profesora Alexia García, axudada por Alba Monteagudo e Catalina Romero.
Foto do grupo de 1º de Bacharelato A realizando a práctica.
Foto realizada por Lucía Yañez co seu móbil, da visión ó microscopio da preparación feita por eles das células da epiderme de cebola.
A Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello de A Coruña ven de comunicou que o xurado da VI Edición do concurso de Viñetas "Sen adiccións... un bo plan" fallou como gañadora da Categoria 1 a viñeta presentada por Laura Villa Latas, alumna do IES P. Eusebio da Guarda. Dase a circunstancia de que houbo 420 participantes nesta edición de Viñetas.
A entrega dos premios levouse a cabo no Concello, na Praza de María Pita o día 20 de decembro ás 12:00 horas.
Aproveitando o descanso navideño e lembrando aos nosos amigos de Fontenilles, un grupo de alumnos de Francés grabaron este video para desexarlles o mellor cara ao vindeiro 2017, propósito que se fai extensible a toda a comunidade entorno ao noso instituto.