Orientación
Visita aos centros de FP de Lugo
Enviado por Anónimo o Lun, 21/02/2022 - 18:05O xoves, 17 de febreiro, fomos de visita aos centros de formación profesional de Lugo co alumnado de 2º de bacharelato e de 2º de formación profesional básica.
Durante esta xornada o alumnado visitou o CIFP Politécnico de Lugo, onde puidemos facer un percorrido polas distintas familias profesionais que se imparten neste centro educativo: Edificación e Obra Civil, Electricidade e Electrónica, Fabricación Mecánica, Industrias Alimentarias, Madeira Moble e Cortiza, Sanidade e Servizos Socioculturais e á Comunidade.
Os nosos alumnos e alumnas puideron coñecer de primeira man como son estas ensinanzas e escoitar como é a experiencia de estudar estes ciclos, como se estruturan e son as clases, etc. Ademais, durante esta visita vemos e conversamos con antigo alumnado do IES do Camiño, o que nos fai sempre moita ilusión.
Continuamos a nosa viaxe ata a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, onde nos acercamos a un tipo de ensinanzas máis descoñecidas. Neste centro impártese Deseño de Interiores, Deseño Gráfico, Cerámica Artística, Fotografía, Gravado e Serigrafía Artística. Ademais de ver as estancias do centro e coñecer en que consisten as distintas ensinanzas, puidemos confeccionar unha camiseta en Serigrafía Artística, que foi sorteada e o gañador foi Adán.
Así mesmo, sorteáronse tamén dous alfís, que nos regalaron en Fabricación Mecánica no CIFP Politécnico, e que gañaron Carlos e Verónica.
Despois dunha xornada tan intensa, aproveitamos para recargar forzas xantando en Lugo e á tarde volvemos para Palas de Rei.
Podedes ver as imaxes da xornada no seguinte enlace:
Charla informativa Universidade de Vigo
Enviado por Anónimo o Mér, 16/02/2022 - 22:44O SIE, a sección de información ao estudante da Universidade de Vigo, ten como obxectivo ofrecer aos futuros universitarios e universitarias unha información clara e completa sobre todo o relativo á vida universitaria.
Obradoiro para a prevención da discriminación por orientación sexual e LGTBI _ Cruz Vermella
Enviado por Anónimo o Mér, 09/02/2022 - 23:07No noso centro desenvolveuse hoxe mércores 9 de febreiro o Obradoiro para a prevención da discriminación por orientación sexual e LGTBI, enmarcado dentro das accións formativas que leva a cabo a Cruz Vermella nos centros educativos para prever condutas violentas.
Obradoiro para a prevención do Racismo e a Xenofobia_ Cruz Vermella
Enviado por Anónimo o Mar, 08/02/2022 - 22:46No noso centro desenvolveuse hoxe martes 8 de febreiro o Obradoiro para a prevención do Racismo e a Xenofobia, enmarcado dentro das accións formativas que leva a cabo a Cruz Vermella nos centros educativos para prever condutas violentas.
Plan Director "Ciberseguridade"
Enviado por Anónimo o Mar, 01/02/2022 - 23:29Esta mañá contamos no centro coa charla sobre “Ciberseguridade” enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos, a cargo de Ramón Peña, formador da Garda Civil e destinada ao alumnado de 2º e 3º da ESO.
Charla temática: "Verificación contra a desinformación"
Enviado por Anónimo o Mar, 25/01/2022 - 23:19No marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, o IES do Camiño, participa nesta iniciativa solicitando a charla temática “Verificación contra a desinformación” impartida polo profesor da facultade de Ciencias da Comunicación, Jorge Vázquez Barreiro.
Táboa de ponderacións (curso 2021/22)
Enviado por Anónimo o Mar, 25/01/2022 - 22:34Están publicados na web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e de materias de opción da proba de avaliación de bacharelato (ABAU) para o acceso ás ensinanzas universitarias odiciais de grado do Sistema Universitario de Galicia.
Programa A Ponte entre o ensino medio e a USC
Enviado por Anónimo o Xov, 13/01/2022 - 21:48No día de hoxe contamos coa presenza da profesora Dr. Mercedes Novo Rodríguez da facultade de Ciencias e Coordinadora do programa A Ponte no Campus de Lugo, sendo a encarga de impartir a charla informativa da USC e sobre as ABAU ao alumnado de 2º de BAC.
Convocatoria 2022. Probas de acceso a ciclos formativos
Enviado por Anónimo o Xov, 13/01/2022 - 18:35Publícase a orde que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022.
PROBAS DE ACCESO AOS CF DE GRADO MEDIO
Volven os Correspondentes Xuvenís
Enviado por Anónimo o Xov, 13/01/2022 - 18:07Despois do parón polas vacacións do Nadal, os correspondentes xuvenís xa están de volta para traervos a información máis relevante e actual, así podedes acceder á mesma a través do taboleiro de novas do primeiro andar do instituto, do Instagram do centro e cada xoves de 11:00 a 11:30 no seu programa radiofónico en Radio Palas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »