Programa A Ponte entre o ensino medio e a USC

No día de hoxe contamos coa presenza da profesora Dr. Mercedes Novo Rodríguez da facultade de Ciencias e Coordinadora do programa A Ponte no Campus de Lugo, sendo a encarga de impartir a charla informativa da USC e sobre as ABAU ao alumnado de 2º de BAC. 

 

Durante a mesma recibiron información, por un lado, sobre a Universidade de Santiago de Compostela e deuse a coñecer a oferta da USC en xeral e polo outro, sobre as probas ABAU.

 

Así mesmo, durante a mesma puideron aproveitar para preguntar aquelas dúbidas ou solicitar información sobre aqueles aspectos que consideraron do seu interese.